9 de abr. de 2015

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O " CURSO DE TÉCNICAS AVANZADAS DE PANDEIRETA GALEGA" QUE A ASOC. PÉSDEBARRO IMPARTIRÁ NO LICEO-CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

A asociación Pésdebarro realiza un Curso de Técnicas avanzadas de pandeireta galega para o domingo, 19 de abril no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.
Este curso está organizado pola Asociación Pesdebarro e será impartido por Luis Prego.
Serán seis horas nas que os participantes aprenderán as bases técnicas deste instrumento, as prácticas
tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais, a contextualización histórica.
Desenrolo teórico:
1.      A pandeireta como elemento fundamental no folclore galego. Situación no pasado e na actualidade.
2.      Tipoloxía e organoloxía do instrumento. Contextualización xeográfica.
3.      Función e rítmica.
4.      Visualización de vídeos documentais de traballos de campo feitos polo profesor do curso ao longo de toda a xeografía galega, nos que se amosan as diversas técnicas tradicionais de tocar e suxeitar a pandeireta, atendendo ás
variantes locais.
Desenrolo práctico:
1.      Posturas para coller a pandeireta. Estilo persoal, xeito e acomodación para tocar. Diversos tipos de pancada: a man aberta, ca palma, co puño…
2.      Ritmos básicos de muiñeira.
3.      Ritmos básicos de Jota.
4.      Ritmos básicos de agarrado.
5.      Toques a man cambiada.
6.      Toques a dúas mans.
7.      Prácticas de canto.
Profesor: Luís Prego.
Estudoso e investigador do folclore galego, autor dos libros “Para cantar e bailar” e “ Xogos musicais”, así como de diversos artigos sobre a música e o baile tradicional en revistas e publicacións especializadas. Na actualidade imparte clases de baile, gaita, requinta, acordeón, percusión tradicional e canto en varios concellos da Provincia de Pontevedra.
O prezo de matrícula é de 15 euros para as persoas socias e de 20 euros para as persoas non socias de Pésdebarro ata o 11 de abril, a partir desa data ata o 19 de abril o custe será de 20 € para soci@s e 25 € para non soci@s.
As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no teléfono 692646068 ou no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com .
E as prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!!

Ningún comentario: