ACTUACIÓN DO GRUPO M-80
Hoxe os que acudades ao Galo Negro sito na Rua Hopsital de Cambados a
partir das 23.00 h. poderedes ver un gran concerto dun excelente grupo. Visita este gran establecemento M-80 un grupo que está formado por un grupo de amigos que decidiron un bo día xuntarse para tocar aquelas cancións dos seus grupos preferidos. Para moitos oíntes "As mellores cancións que hai".

O grupo créase para poder gozar tocando cancións das épocas dos 70 e 80; e en especial para facer pasar un intre agradable á xente que segue as súas actuacións.
Fan música dos anos 70-80, dunha ampla variedade de grupos famosos como poden ser: Pink Floyd, Creedence Clearwater Revival, The Eagles, Santana, Boston, Toto, Brian Adams, entre outros moitos máis; así como de grupos españois e Italianos desas épocas.
O grupo é de Vilanova de Arousa e está formado por: Richar Batería, Cantante e Coros, Milucho Teclados e Coros, Arturo Guitarra, Cantante e Coros, Juan Bazarra Guitarra, Cantante e Coros, Manuel Lorenzo Baixo, Cantante e Coros e Juan García Cantante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario