10 de abr. de 2015

DOCTOR ZHIVAGO

UN ARTIGO DE OSCAR MANUEL NUÑEZ
Este filme foi no seu día un dos grandes acontecimentos do celuloide. Sir David Lean viña de rodar Lawrence de Arabia e tomou prestada a novela de Boris Pasternak para xunto a Robert Bolt crear unha das historias de amor de desamor, de vida e morte, máis celebrada polos cinefilos de todo o mundo. O escritor Ruso tivo que tomalo exilio e Lean
non deixou a naide indiferente, tanto é así, que un dos nosos líderes políticos amante do cinema coma min, Pablo Iglesias (Podemos) en recentes declaracións tildouna de capitalista e que dexoba a imaxe do que foi a Revolución Rusa.

Feita esta consideración creo que incurre nun erro o amigo
disque do pueblo porque a fición non pode abarcar tódalas facetas da vida. É extrapolable o que ocorría na antiga Rusia o que estamos a vivir en Cambados. Na época dos Zares o pobo pasaba fame, frío, e estaba condenado a vivir do pouco que daba o campo, nunhas condicións nas que calquera home se consideraría un escravo. Namentras os xerifaltes vivían entre
baños no río, festas, viaxes e vivindo a “tutti plen”. O mesmo acontece aquí, nunha vila de 1660 parados e outros tantos que tentan sobrevivir producto da terra e do mar, que non chegan nin a mileuristas. Despós está o sector servizos que con esos soldos mira na caixa cada día e solta coma escoitei nun comercio: “Que caixa a de hoxe, cada día menos”, pos sí,
grazas ao Partido do Pueblo, o PP, ese mesmo que nos sablea con impostos a mansalva e que penaliza a todo aquel que non o da por bó, o autor dunha desfeita das relacións laborais, da educación e da sanidade pública. Todo en consonancia co escenificado polo actual Presidente do Goberno na súa primeira reunión: recibiu aos banqueiros e aos empresarios e a renglón pasado, a traballar para eles.

Certo que anteriores gobernos se deixaron levar por quen non debían, e tiveron que pagar unha peaxe, porque por moito que algúns digan, o pobo é sabio. Outra cousa e como se piden as cousas: aquí para tomalo control mentiron e agora se decatan que teñen que voltar a recuperar a todos aqueles votantes do 2011, segundo palabras de Núñez Feijoó que visitou Madrid e tenta parar o que é unha derrota segura nas eleicións locais e autonómicas en cáseque todo o país. Pon énfase en que hai que explicarlle a xente o que fixeron, que era necesario. Pos que mo
expliquen. Estou a esperar o programa do PP de Cambados, a ver que trae, porque as mentiras, o paro, a corrupción institucional e os contínuos tiróns de ourellas da Xustiza xa as leva. Tentan sembrar un ambiente infernal, con saídas de pata de banco na prensa e nas redes sociais, pero non me sorprende en absoluto. A miña compañeira Fátima Abal Roma obxecto dun ataque por parte do Concello que a prensa pubricou e que o Concello non é quen de rectificar, porque éste é o xeito que teñen eles de facer política, e as contínuas descalificacións nas Redes Sociais para tentar danar a súa autoestima e a do seu equipo. Perden o tempo, xa volo anuncio:


Esta Agrupación Socialista de Cambados sufriu unha grande transformación e leva o xerme que tódolos veciños piden:
xuventude e valor. Son as xeracións novas ás que debemos escoitar porque son o froito do noso tempo, no seu berce levan un ideario que aínda que imperfecto na súa totalidade é un marco de convivencia consagrado pola lei e santificado pola tradición, o mesmo que o actual partido de goberno non cumpre, de tal xeito que unha vez e outra sae nos medios por mor da súa falla de ética e de civismo democrático. Unha auténtica vergonza que fai que aqueles que por motivos de traballo nos temos que desplazaren por Galiza xa coñezan a Luis Aragunde e o seu séquito. Prensa, Internet, televisión, e un pobo convertido nun espectáculo de feira por unha xente que chegou á política de casualidade, por puro ascenso. Na súa maior parte son seres “desclasados”, nunca atoparon o seu sitio na sociedade porque viven de costas á realidade. Por iso mesmo se xuntan con aqueles que lles podan proporcionar un foco, unha
cámara, unha palmadiña nas costas, e a ver si a fraúta sona e coma si fóra o conto de El Emperador sen Vestido o pobo non se decate de quen somos. Pos chegou o tempo e xa están na rúa inaugurando coa conciencia espida por completo, ladrillos, aceiras, sen reparar que a xente as pasa estreitas con este modelo de vila.

Pos mira tí por donde, despós da desgrazada morte do compañeiro Rafael Blanco tomou as rendas unha muller valente e comprometida disposta a os retratar coma só pode facer aquela que ten unha bagaxe humana e académica sen tacha algunha: Fátima Abal. E con ela unha xuventude da millor preparada deste país, que tódolos días loita por construíren un futuro onde os valores que tanto tempo levou cimentar éstes están a levar por diante. “Houston: temos un problema con 
Fátima Abal “. Está metendo una caña bestial, mata aos funcionarios a traballar, e nos pide cousas e cousas, coma se non tivera bastante con estar sentada nun Pleno. E con ela un programa onde fala de que as Institucións teñen que ser un espello para os veciños, onde fala que os colexios teñen que ter unha protección e relevancia porque a educación é sagrada, tanto é así que moitos mestres e mestras no seu tempo foron o noso segundo pai, a nosa segunda nai. Que os médicos teñen que traballar para que o dereito á saúde non seña un privilexio para as rendas maís altas, senón un dereito. Que non pode ser que a xente maior que pasou toda a vida arrastrando o corpo dun lado para outro seña tratada con esperas, con pago dos medicamentos, con tan pouco respeto. E nin mentar os servizos sociais onde a maior parte do presuposto vai adicada a personal, onde unha lei de dependencia foi cercenada de xeito inmisericorde por un goberno que ten coma adalides da loita obreira a seres que o único que fan é tentar aumentalo seu patrimonio e o dos seus amigos abandonando a súa sorte a aqueles que os colocacaron alí (un uso da boa fe que ten unhas resultas que son unha auténtica catástrofe). 


E a pedra angular, un auténtico pedrusco no pe ou na boca, segundo o destinatario, o PARO na nosa localidade. Non hai un plan estratexico para axudar a esa xente que vive no limbo. Segundo a Candidata á Alcaldía ao Concello de Cambados é prioritario deseñar un Plan de Emprego Municipal, despós axudar a xente do mar e do campo, para que éstes podan dar o pulo necesario ao comercio. Crear
convenios con grandes empresas para que se instalen na nosa vila e que volte a haber en Cambados fábricas, as que éstes os do PP pecharon para vendelos terreos e especular co uso do solo. Se acabaron e con Fátima Abal eso é seguro as licencias para construir sen ceñirse ao ordenamento xurídico, que nos esta a costar un ril e parte doutro en costas xudicais que saen do peto de todos. Presupostos participativos, achegarse á xente coma está a facer nas parroquias para lle preguntar que é o que necesitan, que os veciños xa están cansos de festexos e de macetas, flores, e movidas. Hai que ter unhas estradas ben feitas, un alcantarillado na que todos paguen por igual, acabar cos convenios que non amosen ser máis económicos que o que poda facer a Administración cos seus propios recursos. Nunha palabra crear riqueza, e para iso é preciso votar a un goberno progresista, xusto e capaz coma o encabezado por Fátima, que ten éstas premisas coma irrenunciables. 
Oscar Manuel Núñez.-
CINEFILO.

Ningún comentario: