UN ARTIGO DE XAN GALBÁN.
Acaba de saír inda o mes pasdado un novo libro recopilatório de artigos de prensa adicados a Galiza polo vilanovés Julio Camba que como podedes intuír devorei nun dia axudado pola axil e retranqueira pluma dun dos grandes fundadores do estilo da escrita en prensa española,do estilo en español coa visión dun madrileño
anarquista que era mais galego do que cría.Eu tiven un grande Mestre anarquista na disciplina do idioma de shakespeare que aprofundou moitísimo na alma deste país
sendo Castellano-Manchego,mentras o arousán exercía de Madrileño sen se decatar do profundamente galego que chegou a ser o solitario do Palace,pero non vos podedes estrañar amigos se o personaxe é nado en Vilanova de Arousa,esa uve hacia o mar que fai a estrada de Cambados-Vilagarcía onde tamén naceu o anarquista Valle-Inclán,claro é que Vilanova foi sempre un pouco indecisa e desprendida do seu,penso que por que lle sobra de todo,por ter ten ata dous alcaldes, mira ti. Ao que iámos,D.Julio Camba escrebe en EL MUNDO o 26-VII-1909 un artigo onde compara a nosa pequena vila mariñeira con Atenas,coa clásica Atenas,non coa actual metrópole fruto do rescate da Unión Europeia onde se encamiña Cambados para manter tanto posto de traballo a dedo pagado por todos,non,a comparanza é co berce da eterna Atenas dos eruditos cláscico,a Atenas de Arousa chega a sentenciar,mais pola paisaxe esencialmente"Pues Atenas-pensé yo.. la ría pobladas de islas,se parece mucho a los paisajes del archipiélago griego"escrebe.Pero queda claro que o Señor Camba fixo unha viaxe ao correr por que se botara un anaco mais de tempo decataríase,mesmo dende unha balconada do Hotel calixto a nosa Ágora onde todos os cambadeses discuten quén será o próximo en ofertarlle un choio que logo xa se verá,e ás costas do periodista a Estoa central que daquela Agripa deixou chamar Cine Cervantes,o Odeon cambadés para disgusto de D.luis,párroco convidado,sabedor de todo o novo que conleva ese invento do Demo francés,ao noreste o camiño das Panateneas que conducía á Acrópolis,verdadeiro centro de decisión política da vila,e como non ,espiritual en competéncia co pequeno templo das Eménides adicado hoxe a S Bieito reducido hoxe coma entón polo comercio e os buses incipientes. Mirando ao mar o templo de Apolo-agora A torre- de onde son oriundos os xonios-cambadeses orixe e fin de todo a esta ladeira do Umia;en fin ,as comparanzas son inabarcables e Camba só botou un día,pero chegou a preguntar polas obras de Besada,pero eso dá para outro artigo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario