26 de abr. de 2015

CADA ARTISTA TEN A SÚA DEBILIDADE:

ALESS APARIZ CHAVES, A MUSA PREFERIDA DE EVA SOTO.
Falar a estas alturas de Eva Soto Conde é falar dunha deseñadora de prestixio tanto a nivel nacional como internacional pese a súa mocidade (1984 Cambados) , Licenciouse en
Belas Artes e posteriormente cursou estudos superiores na de Deseño e Moda na Universidade de Vigo.Obtivo algúns
premios de deseño de moda e xoiería, e especializouse no emprego de papel e na papiroflexia aplicada ao deseño de moda. En 2012 debutou na Fashion Week de Madrid ao presentar a súa colección de primavera / verán, e dende aquela non parou, ate a internacional Lady Gaga chegouse a interesar polos seus modelos, o que lle fixo
ser coñecida a nivel internacional. Pero poucos saben que Eva Soto ten unha debilidade e esa debilidade chamase Aless Apariz Chaves, a súa musa preferida, unha adolescente  cambadesa que  está adicada en corpo e alma os seus estudos e o seu deporte preferido o balonceste que actualmente desenrola con éxito no Cortegada de Vilagarcia, a verdade é que a beleza de Aless
"embelesa" a calqueira.  Aless ten desfilado en varios pases dos modelos de Eva Soto, pero sempre a nivel afeccionado ainda que a Eva lle gustaria que dera o paso a nivel profesional. Eva presentanos un  vestigo e faino no facebook do afamado  fotografo Eduardo Apariz. Unha marabilla  de vestido e de modelo.

Ningún comentario: