26 de abr. de 2015

LUÍS ARAGUNDE: “UN EXCONCELLEIRO DO BLOQUE ÍA A VIR CON NOS”

O CINISMO DO ALCALDABLE DO PP NON TEN LÍMITES.
POR PRIMEIRA VEZ RECOÑECE PÚBLICAMENTE ARAGUNDE QUE MILITA NUN PARTIDO CORRUPTO.
O cinismo de Luís Aragunde e dos que o acompañan na súa lista este ano non ten límites, hoxe os que lemos o Diario de Arousa tivemos que refregar os ollos varias veces para saber que non estabamos a equivocarnos na lectura.  Imos ir por partes:
“UN EXCONCELLEIRO DO BLOQUE ÍA A VIR CON NOS”
Así o conta textualmente o Diario de Arousa: “... catro persoas non puideron entrar porque non está permitido ter máis de 10 suplentes e ata arrastraron a rivais políticos como “un exconcelleiro do Bloque que ía vir connosco, pero prefiro manter en segredo a súa identidade.”
Non vai ser este blog precisamente o que vaia saír en defensa do BNG, ten xente moito mais preparada que o administrador do mesmo para facelo, pero hai que ser cínico,
cazurro, mala persoa para dicir tal cousa deixando caer a dúbida sobre toda unha serie de xente  que foi concelleira do BNG e que por unhas razón ou outras deixaron esa formación e a politica (entre os que se atopa o administrador deste blog quen vos aseguramos que él non foi invitado a ir na lista do PP). Para dicir esa burrada (cousas que son fan os burros) estaba mellor calado, porque agora empezaranse a disparar os “dimes e diretes” e vaise esparcir a dúbida por todo o persoal. En troques non di nada de unha persoa que non chegou a ser concelleiro pero que si foi nas lista do Bloque é foi todo un exemplo de cambiachequetas que ampararon no seu propio partido ate que comezaron as denuncias contra él e non é outro que o anterior expatrón maior Benito González, e incluso  chegaron a amparar e participar nalgunha das súas falcatruadas.
CASOS DE CORRUPCIÓN QUE SALPICAN O SEU PARTIDO
O propio “Pinocho” Aragunde  recoñece que milita nun partido corrupto, e si o
partido é corrupto, consecuentemente  a lista que leva,  e a lista dun partido corrupto, el o mesmo recoñece cando día no diario:  “O PP cambadés séntese no seu mellor momento e considero que malia os casos de corrupción que salpican ao partido, sinceramente, creo que imos gañar as
municipais”.
A corrupción no PP todos sabemos que é xeneralizada dende o primeiro ate o último da lista, porque para ser honesto hai militar en partidos honestos e non partidos onde anida a corrupción.
Lembrámoslle a Luís Aragunde que hai un caso en trámite que aínda non se arquivou no Xulgado,  que é a denuncia do Piñeiro de Maza presentado polo BNG e no que el pode resultar imputado así como o seu número seis o sobriño de Tourís,  Juan Ramiro Gomez Blanco, a xustiza é lenta, pero segura.
Monica Abal foi
concelleira do PP.
AS DÚAS LISTAS DO BNG
Tamén o cinismo de Luís Aragunde e toda a súa tropa chegou a dicir que o BNG leva dúas listas en clara referencia a “Somos Cambados” porque o seu número 1 foi concelleiro do BNG e o seu número 2 Xurxo Charlin estivo en ANOVA. Sabe ben este energúmeno que temos como Alcalde que tanto Tino Cordal Como Xurxo Charlin, fai tempo que son dúas  persoas independentes que teñen un único obxectivo: Mellorar Cambados, o revés que él , que é facerse rico a conta de Cambados. Se realmente hai un pensamento político que leva dúas listas nesta municipais é a dereita cambadesa que leva unha lista en Vilariño e outra no resto das parroquias pois lembremos que a irmán do candidato  de Cambados Pode, Mónica Abal foi concelleira polo PP  na lexislatura 2007 a 2011, e o seu pai ben que celebraba as vitorias do PP na sede que mercou un afamado contrabandista na rúa Nova.
Sentímolo por algunha xente que vai na lista que non son malas persoas pero que seguramente “presionados” por Luis Aragunde (sabemos de xente honesta que lle dixo que non) non tiveron mais remedio que ir na mesma,  pero decirlles que ir na lista dun partido que abraza a corrupción como o PP, xa sabes o que és…



Ningún comentario: