Boas tardes, o meu nome é Rosa María Direito e nos últimos días acusóulleme de facer apoloxía en contra da praza e das peixeiras. Con esta nota quero explicar o que me refería nese comentario, como non quería dicir o que se está falando e porque non debería ser usado en contra de terceiras persoas.
Primeiro quero dicir a todos os que lean esta nota, que non formo parte de ningún partido político, non vou en ningunha lista electoral nin estou relacionada de xeito directo coa política.
Agora comezo a explicar os feitos dos que se me acusa: Fai uns días unha pescantina de cambados, queixábase nun blog polas poucas vendas que tiñan e pola competencia que lle facían os supermercados.
Eu quixen dar a miña opinión, de por onde cría que era un dos problemas polos que se lle estaban marchando algúns clientes, isto parece ser que se entendeu mal e que pensaron que eu estaba dicindo que era mellor ir comprar aos supermercados, malia que dixen que sabía dabondo que a calidade non era a mesma.
Ao que eu queríame referir coas miñas palabras é a que penso que á miña parecer e ao dalgunhas persoas máis que coñezo, o sistema de compra na praza por regateo deberíase de ir cambiando, pois a xente da miña idade ou máis nova, non sabemos regatear ou nos dá vergonza, (recordo con gran agarimo á miña nai ou as miñas tías o que gozaban regateando coa pescantina , aínda que fose por un duro de diferenza). Hai moita xente que prefire ir aos supermercados xa que teñen o prezo exposto e ti non tes que preguntar, só con mirar xa sabes si queres comprar ou non. Eu mesma téñome ir da praza porque me dá vergonza preguntarlle a unha o prezo, despois a outra, despois a outra e ata que ao final márchasche sen comprar. Sabes que si regateas, podes levarcho máis barato, pero ao non saber terás que pagar máis e nestes tempos onde pouco diñeiro entra na casa, hai que mirar moito o que gastas.
Ao meu parecer e é só iso o meu xeito de pensar, si na praza puxésenlle o prezo ao peixe a xente non tería que andar a preguntar e comprarían con maior tranquilidade.
Todo o mundo sabe que na praza é onde vas atopar os mellores peixes e mariscos (eu hai cousas que nunca compraría nun súper) e ao meu parecer cuns pequenos cambios non habería ningún supermercado que competise coa praza.
Espero que con isto se entenda o que quixen dicir, que sempre loitar pola praza e polo pequeno comercio desde o que está nas miñas mans que é en ir comprar.
Tamén quero aclarar que cando falo, o que digo bo ou malo sae da miña cabeza, ninguén pon palabras na miña boca nin eu na de ninguén. Non necesito que ninguén me diga que é o que teño que dicir.
Separadamente, que a xente véxame cun partido político, é porque algúns dos que están cáenme ben e como necesito ocupar o meu tempo en algo, pois trato de botar unha man no que poida, cousa que alguén está usando para facer a súa propia campaña de desprestixio, pois parecese ser que as miñas palabras fosen ditas por terceiras persoas.
Quero terminar ofrecendo os meus máis sinceras desculpas ás persoas que se sentiron agraviadas por este comentario malia ser escrito sen a menor maldade e a miña agradecemento aos blogs por permitirme dar as explicacións pertinentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario