22 de abr. de 2015

ENRIQUE OUBIÑA Nº1 POR “SOMOS RIBADUMIA" TACHA O DEBATE DE TELESALNES DO SEU MUNICIPIO DE VERGOÑENTO E COVARDE

Enrique Oubiña
TELESALNES INCUMPRE AS SÚAS PROPIAS “NORMAS” A NON INVITAR A ENRIQUE OUBIÑA QUE TEN REPRESENTACIÓN NO CONCELLO DE RIBADUMIA.
A emisora privada Telesalnés  non nos atrevemos a dicir que incumpriu a lei pero dende logo pasou "polo forro" o artigo  66
da Lei Electoral que fala da  garantía de pluralismo político e social e no seu punto dous di textualmente:  "Durante o período electoral as emisoras de titularidade privada deberán respectar os principios de pluralismo e igualdade. Así mesmo, no devandito período, as televisións privadas deberán respectar tamén os principios de proporcionalidade e neutralidade informativa nos debates e entrevistas electorais así como na información relativa á campaña electoral de acordo ás Instrucións que, para ese efecto, elabore a Xunta Electoral competente."
É evidente que isto non se respectou onte nin se vai respectar o día 7 no debate de Cambados.
O propio Enrique no se facebook cualificaba así o debate de
Ribadumia: 
“Acabo de ver por aí que esta noite Salome debate cos membros da oposición en telesalnes. Debe ser un monologo por que a min ninguén me avisou e polo tanto non vou estar. 
En todo caso se o que pretenden hoxe os de telesalnes é ter un debate entre candidatos, deixando fora a metade dos que se presentan, incluíndome a min que levo catro anos representando os meus veciños e veciñas é de vergoña, tanto para ese canal, como para o resto de partidos que acepten participar nun debate deste xeito, o que demostra que solo teñen interese en bloquear calquera alternativa que non séa a súa.
Isto chamase covardía.”
Como vemos Telesalnes non crumpre nin as súas proias normas, e así non se pode andar pola vida.
Por certo un dos candidatos de Cambados aos que requiriamos aquí para se solidarizara con "Somos Cambados" e "Cambados Pode", para que estas forzas poideran acudir ao debate, picouse de tal xeito que non entendemos para nada a súa actitude parece de neno rabioso
que non admite críticas e dedicase a dar leccións de ética e
de moral, insultar  e dicir simplemente "chorradas". O que está en política ten que estar as duras e as maduras tanto si te loan como si te critican, hai que saber aceptar as dúas cousas con deportividade, se non vas para a casiña que se está moi ben. O que non podes facer e criticar ti os outros candidatos e non soportar  que a ti te critiquen, que nin tan sequera chegou a ser unha critica senón que se lle pediu que fora solidario, toma as cousas con mais calma que aínda che quedan moitas cousas por oír.

Ningún comentario: