2 de abr. de 2015

“CHISTOSOS INFORMÁTICOS” REBENTAN A ENQUISA DE “A TI MEU CAMBADOS”

PERANTE O FRAUDE MANIFESTO, O BLOG RETIRA A MESMA.
Cando faciamos estas enquisas o noso obxectivo non era outro que a xente participara un pouco mais en política e
Enquisa anterior
anonimamente votara pola opción que mais lle conviña. Cando fixemos a anterior con tres partidos sós non houbo ningún problema pero tamén empezamos a entender un pouco mais porque gañou o PSOE a mesma co 40% dos votos sacándolle unha diferencia ao PP de case 25 puntos algo incrible podería suceder na realidade, probablemente alguén trampeou tamén esta enquisa pero de xeito mais

disimulado. O problema ven cando facemos unha nova enquisa  na que por suposto incluímos as dúas novas opcións que parece ser que se van a presentar  “SOMOS CAMBADOS” e “Cambados Pode”. En principio a mesma ía con certa normalidade. Así onte as 15:26 horas “SOMOS CAMBADOS” tiña 47 votos, PSOE tiña  45 votos, PP 12 votos, BNG 11 votos e Cambados Pode 1 voto, pero xa as 17.04  o PSOE  pasou de xeito probablemente fraudulento a ter 125 votos e SOMOS CAMBADOS tiña 49. Xa a noitiña o resultado era fraudulento totalmente pois o PP tiña 282 votos e o PSOE 222, o que nos parece unha verdadeira aberración e fraude, pois na anterior
Enquisa eliminada por
fraudulenta.
enquisa cando só había tres partidos o número total de votantes fora de 244. Non acusamos a ningúen de ningún partido, que quede isto claro, senón a algún "cretino" que non ten nada mais que facer que reventar enquisas porque ao mellor non ian como el queria. Non sendo real a enquisa  e habendo graciosos que se dedicaron a dinamitala dun xeito “dereito” nos vemos na obriga de retirala e buscar algunha formula para que canda IP quede rexistrada  non se poida repetir o voto, se podemos ,senón a única enquisa valida será a do día 24 de maio nas urnas. De todos xeitos grazas a todos os que participastedes de xeito “legal”.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: