2 de abr. de 2015

PROLINGUA, DÁ QUE FORMA PARTE O CAMBADÉS FRANCISCO FERNÁNDEZ REI, PIDE RECORRER O FALLO DO SUPREMO SOBRE O GALEGO

O Tribunal Supremo desestimou o último recurso que quedaba contra o decreto do plurilingüismo, presentado en casación pola Real Academia Galega. A RAG debe agora analizar en primeiro lugar si hai posibilidade de recurso -algo que terán que estudar os asesores xurídicos-; e no caso de que exista esa opción, sopesar si co recurso pode lograrse
algo.
O secretario da Real Academia, Henrique Monteagudo,
explicaba que de momento non houbo ningunha reunión nin do plenario da RAG nin da súa executiva para valorar a sentenza, polo que non se tomou ningunha decisión respecto diso.
PROLINGUA PIDE RECORRER
Aínda que a Academia non valorou que facer tras coñecer o fallo do Tribunal Supremo, algunhas entidades xa teñen claro cales deberían ser os pasos a seguir. A asociación ProLingua, formada por expertos como o profesor cambadés Francisco Fernández Rei,
Manuel Bragado ou Agustín Fernández Paz entre outros, pediu á RAG seguir adiante «na súa defensa continuada do noso idioma sen tolerar nin admitir nin un só retroceso na súa protección legal, mentres quede unha físgoa de posibilidades legais».
Esta entidade anima á Academia a que siga adiante co proceso ante o Tribunal Constitucional e ata ante os tribunais europeos. Do mesmo xeito que a RAG, ProLingua tamén considera que a sentenza do Supremo non ten en conta a situación regresiva do galego ou a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, que segundo esta entidade si forma parte do bloque de leis españolas.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: