26 de abr. de 2015

FÁTIMA ABAL DENUNCIA A SITUACIÓN DOS TRABALLADORES DA AXUDA A DOMICILIO ANTE A PASIVIDADE MANIFESTA DE LUIS ARAGUNDE

MENTRES ISMAEL AGRA PARTICIPA ESTA FIN DE SEMANA NO FORO MUNICIPAL DAS JSE QUE SE CELEBRA EN ASTURIAS
Na tarde de onte, Fátima Abal mantivo
unha reunión cos traballadores que prestan o servizo de Axuda a domicilio en Cambados ante o abandono e a pasividade por parte do Alcalde.
Os traballadores puxeron anteriormente en coñecemento de Luis Aragunde a situación irregular que tiñan por culpa da empresa que ata o mes pasado tiña adxudicado o Servizo de Axuda no Fogar, Socyser, no Concello de Cambados. 
En varias ocasións tiveron que denunciar o incumprimento do seu Convenio Colectivo, xa que non lles pagaban nin o salario mínimo, nin a antigüedade, nin se facían cargo dos desprazamentos.
 A raíz da reclamación dos seus dereitos, os traballadores empezaron a ser obxecto de múltiples afrentas por parte da empresa. Primeiro, e coa desculpa de ser sustituidos ós domingos, festivos e vacacións, contrataron unha serie de persoas, carentes do certificado de profesionalidade para traballar en dependencia de axuda a domicilio, ós que máis tarde foron adxudicándolle tamén, horas de traballo durante a semana, de tal xeito que a plantilla antiga empezou a ver recortada a súa xornada laboral e por tanto os seus salarios.
Por outro lado, os mesmos traballadores denuncian que este “novo persoal“ , carecía tamén de contrato, chegando a darse o caso de que algún estaba cobrando o paro e prestando o servizo para a devandita empresa. Éste “novo persoal“, ademáis de non estar cotizando á Seguridade Social, non cobraban antigüedade, nin desprazamentos, nin os pluses de festivos, polo que á empresa lles saía máis rentable que fosen éstes os que máis horas fixesen durante semana. 
Ademáis, denuncian que cada tres meses debería realizarse unha revisión das altas e baixas dos usuarios e así ir repoñéndolles horas de traballo efectivo, cousa que nunca se chegou a facer.
Ante a impotencia que estaban a vivir e o acoso que sufrían pola coordinadora da empresa, solicitaron unha reunión co Alcalde, na que éste lles prohibiu expresamente a asistencia ós representantes sindicais, e na que foron os propios traballadores os que o puxeron ó corrente de todo. 
A situación se mantivo sen cambios sen que desde o Concello se lle instase á empresa a cumprir co Convenio Colectivo nin a cumprir coa Lei. 
Desde hai un mes, unha nova empresa se fixo cargo  do Servizo de Axuda no Fogar mantendo ós mesmos traballadores que tiña Socyser, polo que os empregados teñen medo de estar en igual situación, xa que están traballando exactamente as mesmas escasas horas. Antes de que esta nova adxudicación se producise, pediron de novo reunirse co Alcalde, pero éste rexeitou facelo.
Agora agardan recelosos a primeira nómina, pois aínda manteñen varios pleitos pendentes coa anterior empresa, reclamando cantidades salariais do ano 2012 e 2013 e non queren embarcarse de novo nunha situación similar.
MENTRES ISMAEL AGRA PARTICIPA ESTA FIN DE SEMANA NO FORO MUNICIPAL DAS JSE QUE SE CELEBRA EN ASTURIAS
O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Cambados e de Comunicación das XSGalicia, Ismael Agra, participa esta fin de semana no Foro Municipal e Autonómico que as Juventudes Socialistas de España celebran na cidade de Candás, Asturias. 
Neste Foro estarán presentes mozos e mozas de delegacións de Xuventudes Socialistas de todo o país. Ismael Agra participará na ponencia sobre municipios de menos de 20 mil habitantes “o valor da cercanía” onde se porá enriba da mesa a importancia do municipalismo como eixo das políticas socialistas.
Con esta experiencia Ismael Agra agarda “adquirir coñecementos de concelleiros socialistas para a partir do 24 de maio facer das políticas de xuventude un eixo fundamental da acción das políticas do Concello de Cambados con Fátima Abal como Alcaldesa”. 
Ademais neste Foro tamén se tratarán as políticas municipais nos concellos de máis de 20 mil habitantes, así como varios obradoiros sobre campañas electorais e o funcionamento das institucións no ámbito municipal. 
Por outra banda, o Secretario Xeral das XSG Cambados intervirá na presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Cambados o vindeiro martes xunto o ex-Lehendakari de Euskadi Patxi López, o S.Xeral do PSdeG Gómez Besteiro e a candidata a Alcaldía de Cambados, Fátima Abal. 


Ningún comentario: