MANIFESTA A SOCIALISTA PERANTE OS COMENTARIOS DE BLANCA AGRA, TRABALLADORA ACTUAL DE SOCYSER
A candidata socialista ao concello de
Cambados, Fatima Abal ven de sacar unha nota aclaratoria no seu facebook, a propósito dos comentarios dunha traballadora actual do Socyser, Blanca Agra, e publicadas neste blog, a nota en cuestión di textualmente:
Cambados, Fatima Abal ven de sacar unha nota aclaratoria no seu facebook, a propósito dos comentarios dunha traballadora actual do Socyser, Blanca Agra, e publicadas neste blog, a nota en cuestión di textualmente:
“Respecto ás publicacións que andan a percorrer polas redes, e os "anuncios" de denuncias, dicir só 4 cousas:
1. mantiven o sábado unha reunión con extraballadoras de Socyser.
2. non o denunciei antes porque non tiña coñecemento do que sucedía
3. anuncian denuncia por inxurias, cando non hai tal, e encima a mesma persoa que as anuncia recoñece que todo é certo. Aínda que non fose así, teño probas de todo canto digo para presentar ante un xuíz o ante quen sexa.
Parece ser que no seo da familia socialista non sentou nada ben a nova a estase a tachar a este blog de partidista e ó único que fixemos foi o seguinte:
1º.- Publicar unha nota de prensa que nos enviou o PSOE.
2º.- A esa nota de prensa reacciona a traballadora actual do Socyser, Blanca Agra, con dous comentarios que publicamos integramente.
3º.- A esta publicación dous candidatos do PSOE dirixíronse a este blog como si dixeramos algo do outro mundo e só puxemos o que dixo Blanca Agra, é mais, a nova remataba así:
“Non facemos comentario ningún para non ferir a susceptibilidade de ninguén, aí deixámola nova e xulgade vos mesmos.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario