19 de abr. de 2015

FÁTIMA ABAL PRESENTA AS SÚAS PROPOSTAS SOBRE MEDIO AMBIENTE PARA UN CAMBADOS SOSTIBLE, LIMPO E NO QUE OS ANIMAIS SEXAN RESPECTADOS

Fátima Abal deu a coñecer no día de hoxe as súas propostas sobre medio ambiente que levará no seu programa electoral para as eleccións municipais do 24 de maio. 
Así, a candidata socialista a alcaldía de Cambados inidcou que se compremete a levar a cabo unha protección real do litoral e zonas de protección paisaxística e de transición cara
o Complexo Intermareal Umia-O Grove. Tamén é necesario promover un plan de restauración ambiental da desembocadura do río Umia. Revexetar as marxes con especies arbóreas autóctonas e as zonas de marisma.
Ademáis, mostrou o seu compromiso cos veciños afectados polas EDAR, polo que a dotación de medidas correctoras para as depuradoras de Tragove e Covas de Lobos serán medidas primordiais en levarse a cabo, unido a unha solución definitiva das emisións de verquidos fecais no mar e nos cauces fluviais.

“Queremos un Cambados limpo, cunha separación eficaz de augas pluviais e fecais, a reutilización das augas depuradas para a rega de xardíns e terreos, un control da calidade das augas e un informe público anual do seus resultados. Ademais, como Alcaldesa, completarei a rede de saneamento en todo o municipio como un  servizo básico todos os veciños“, asegurou a candidata do PSdeG a Alcaldía de Cambados. 

Por outra parte, Fátima Abal plantexou un plan de restauración da costa de Tragove, con medidas que melloren paisaxísticamente o seu entorno, así como a eliminación do proxecto de colocación dunha comporta no Saco de Fefiñáns, debido ó seu impacto negativo no marisqueo e no ecosistema intermareal da zona. 

Con respecto aos polígonos industriais, a candidata socialista afirma que levará a cabo un plan de ambientalización e de dotación de sistemas para minimizar o impacto ambiental do Polígono de Sete Pías. 

Por outra banda, a posta en marcha dun plan de compostaxe de materia orgánica nas zonas rurais, para o aproveitamento de residuos orgánicos que sirvan como abonos naturais e creación dun Punto Limpo itinerante que recorra as parroquias e de mini puntos limpos. Concienciar e informar da importancia da adecuada xestión dos residuos, sobre todo dos tóxicos e perigosos. Ampliar o número de contenedores e os colectores de recollida selectiva, especialmente nas parroquias. “Queremos un Concello sostible, no que a reciclaxe o respecto ao medio ambiente sexa o habitual“, afirmou Fátima Abal. 

Cambados tamén ten que ser un Concello que respecte e no que sexan respectados os animais. Así, a candidata socialista comprometeuse a unha defensa dos animais, medidas de protección e non programar nin autorizar espectáculos onde sexan maltratados. 
Tamén se comprete á dotación de axudas ou facilidades para a dotación de medidas de aforro enerxético. Difusión e publicidade das axudas e subvencións procedentes doutras administracións de cara a distintas medidas de aforro enerxético

Por outra banda, tamén porá en marcha cursos de formación e sistemas de certificación en ecoturismo, turismo sostible e turismo da natureza, dirixidos ós hostaleiros.

















Ningún comentario: