18 de abr. de 2015

UNHA CANDIDATURA DE “LUXO” A DA REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA PARA CAMBADOS.

“SOMOS CAMBADOS” APROBOU A CANDIDATURA QUE ACOMPAÑARÁ A TINO CORDAL NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO
A Asemblea da Plataforma veciñal Somos Cambados elixiu e aprobou na tarde deste sábado a candidatura para as
Tino Cordal Nº 1
próximas eleccións do 24 de maio, composta por 14 mulleres e 13 homes, cun total de 27 persoas entre candidatos e suplentes, que é o máximo que establece a Lei Orgánica do Réxime Electoral.
Como xa é coñecido, o candidato á Alcaldía é o profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo, Tino Cordal.  Casado e con dúas fillas, é natural
Xurxo Charlin Nº 2
de Fefiñáns aínda que reside en Oubiña. Estudou no Colexio Antonio Magariños, Salesianos de Castrelo, Instituto Ramón Cabanillas, Universidade Complutense de Madrid (licenciatura e doutoramento en Ciencias Políticas e Socioloxía), Universidade de Santa Cruz, California (relacións internacionais) e Universidade Católica de Lovaina, Bélxica (máster en administración pública). Tamén realizou estadías de investigación nas
Esther Castro Nº 3
universidades de Leiden (Holanda), Moscú, La Habana, Budapest e durante un ano na Universidade de Minho en Braga (Portugal). Exerce como profesor e investigador na Universidade de Vigo dende 2004, onde é secretario do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, e coordinador de prácticas do grao en Dirección e Xestión Pública.
Silvia Vozza nº 4
Os demais integrantes da candidatura veciñal Somos Cambados son: Xurxo Charlín, empresario e membro do Colexio de Economistas e Titulados Mercantís; Esther Castro, Licenciada en Historia do Arte e Diplomada na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (neta do famoso escritor Placido Castro por parte paterna e do fundado de Tribi Manuel Trigo por parte materna); Silvia Vozza, operaria dunha conserveira de Cambados; Antonio Sineiro, taxista de Cambados; Xan Galbán, cociñeiro e
Antonio Sineiro Nº 5
empresario (Restaurante Maria Castaña de Santiago de Compostela);Inma Castro, Licenciada en Filoloxía Galega e Guía Turística; Rita Mosteiro, Técnico Superior en Imaxe e Son; Antón Cordal, Director Administrativo dunha Depuradora de Castrelo; Rubén Casais, armador e mariñeiro de artes varias; Mª Teresa Bugallo, mariscadora de San Tomé; Natalia Rodiño, Protésico Dental e profesional do sector sanitario; Xesús Castro,
Xan Galbán Nº 6
empregado de hostalería e músico en grupos locais; Oscar Paz, albanel e agricultor de Oubiña; Mabel Falcón, Licenciada en Tradución e Interpretación e profesora de idiomas de Vilariño; Juan Carlos Martínez, mariñeiro e armador; e, pechando a lista, Maribel Iglesias, profesora de Xeografía e Historia no Instituto Francisco Asorey.
A candidatura complétase con 10 suplentes , entre os que
están Xaquin Charlin Piñeiro e Ernesto Falcón Prado, o máximo establecido pola LOREG, cuxos integrantes, ao igual cos dezasete titulares, son persoas que participaron nas asembleas e nas redes sociais e se inscribiron para
formar parte da mesma. Cabe destacar que, a pesar de dispoñer dun prazo moi limitado de tempo, logrouse elaborar unha lista electoral ampla, plural e representativa de Cambados; incluíndo aos colectivos sociais, culturais e veciñais. Tamén contamos con persoas de diversos sectores profesionais e cun adecuado equilibro territorial entre o núcleo urbano e as parroquias.O número de veciños dispostas a formar para da candidatura desbordou todas as previsións, non podendo incluílas a todos na mesma.
Dende Somos Cambados queren expresarlle o seuagradecemento  a todos os veciños e veciñas que amosaron a súa vontade e disposición para formar parte da Candidatura de Somos Cambados, a Candidatura de Tod@s.

Ningún comentario: