18 de abr. de 2015

UNHA PÁXINA DE FACEBOOK, FEITA CON MOITO HUMOR E IRONIA

“REPUBLICA INDEPENDENTE DE BELECO” ONDE PODES BOTAR UNHAS RISAS.
Nace unha nova páxina de facebook en Cambados chámase “REPUBLICA INDEPENDENTE DE BELECO” elos mesmos
se definen como “Un grupo para que os habitantes, veciños e amigos de Beleco boten unhas risas. Os primeiros integrantes son os que algunha vez comentaron algo sobre Beleco e a sua independencia.” O que empezou sendo uns simples comentarios no facebook comparando a “República Idependente de Beleco co “concello de abaixo” (Concello de Cambados) cristalizou nunha divertida páxina de facebook onde podes encontrar humor a raudais cuns tintes de fina
ironia, comentarios suaves, criticos, comicos pero non mordaces, percorrando toda a páxina podeste partir de risa, polo de agora apenas chegan os 30 membros pero de seguro que enseguida aumentara esa gran familia belequense, un barrio de moi boa xente e persoas que fixeron moito polo noso pobo, agora fannos rir, que non esta mal nestes tempos de crispación. Nela podes ver imaxes tan curiosas como as que ilustran este comentario. Grazas rapaces.
https://www.facebook.com/groups/412498778875462/?fref=ts

Ningún comentario: