24 de abr. de 2015

O “BOMBAZO” DESTAS ELECCIÓNS EN CAMBADOS, SEN DÚBIDA:

TINO CORDAL
"SOMOS CAMBADOS" REIVINDICA A SEDE DO CONSELLO REGULADOR “RÍAS BAIXAS” PARA CAMBADOS
A plataforma veciñal SOMOS
CAMBADOS reclama a ubicación en Cambados da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe “Rías Baixas”.
XURXO CHARLIN TRIGO
Nos próximos días, o candidato á alcaldía, Tino Cordal, e membros desta candidatura reuniranse con diversos colectivos sociais, culturais e económicos de Cambados co obxecto de conciencialos da importancia que para a economía cambadesa tería a ubicación da sede do Consello Regulador en Cambados, ademais de
SILVIA VOZZA
supoñer un elemento de extraordinaria importancia na promoción da nosa vila. Somos Cambados entende que se trata dunha reivindicación xusta e apoiada na Historia. Pois, desde tempos inmemoriais o nome de Cambados vai asociado ao viño Albariño. Xa a principios do século pasado a prensa comarcal recollía e apoiaba as demandas dos viticultores e adegueiros de Cambados e do
Salnés que, conscientes do seu enorme potencial, reclamaban unha maior implicación das autoridades no fomento do Albariño. Desde hai máis de 60 anos Cambados celebra o principal acontecemento de promoción deste viño: a Festa do Albariño. Hoxe, o 75 % dos viticultores da Denominación de
Orixe “Rías Baixas” son veciños do Salnés e máis do 60 % do viño prodúcese na nosa comarca. Por todas estas razóns, Cambados merece ser a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe “Rías Baixas”.
Sen embargo, en outubro de 2003, nunha desacertada e incoherente decisión, levouse a sede do Consello Regulador a
Pontevedra, a pesar de non estar incluída esta cidade na Denominación de Orixe “Rías Baixas”, feito insólito nas 70 Denominacións de Orixe existentes. Por cuestións administrativas e técnicas, 6.500 viticultores teñen que
desprazarse varias veces ao ano á sede do Consello Regulador. Sendo outros os que se están a beneficiar do traballo en solitariorealizado durante moitas décadas polas xentes de Cambados e O Salnés. Por poñer só un exemplo, nos numerosos programas de radio patrocinados polo Consello Regulador “Rías Baixas” para promocionar o Albariño, realizados todos eles en Pontevedra, as referencias a Cambados e á comarca do Salnés son inexistentes.
A ubicación da sede do Consello Regulador en Cambados
constituiría unha extraordinaria oportunidade para o conxunto dos sectores económicos cambadeses, influíndo positivamente na xeración de riqueza e na tan necesaria creación de emprego, así como na promoción das numerosas potencialidades da nosa vila e da comarca do Salnés. SOMOS CAMBADOS fai un chamamento á toda a cidadanía e a todos os colectivos sociais, culturais e económicos cambadeses para sumarse a esta reivindicación.
Por Historia. Por Xustiza. A sede do Consello Regulador “Rías Baixas” en Cambados!

Ningún comentario: