24 de abr. de 2015

ENTREVISTA A BLAS CHARLIN:

“EN ANGOLA NON HAI CLASE MEDIA”
Blas Charlín fixo as maletas en xaneiro e marchouse a Angola sen dubidalo cando lle chegou a oportunidade de formar
parte do corpo técnico do Sport Luanda e Benfica, un dos grandes do país e do continente africano. Aos seus 35 anos e tras varias tempadas na canteira do Pontevedra, goza dunha nova etapa en Luanda que lle permite dedicarse de forma profesional á súa gran paixón, o fútbol. Tras máis de tres meses en Angola, onde permanecerá polo menos ata novembro, o arousano fai balance e explica esta enriquecedora experiencia profesional.
- Cal é o seu traballo no día a día no club?
- O día a día aquí é levantarse moi cedo, sobre as 6 para ir
adestrar ás 9 no novo centro de adestramento do club, unha instalación que conta con 2 campos, un deles sintético, un de fútbol praia e hotel para concentracións prepartido. Adestramos moi cedo por culpa da calor( non baixamos de 30 grados con 90% de humidade) e polo tráfico. No equipo fago de adestrador-achego de Zeca Amaral, o adestrador angolano mais recoñecido, nun equipo técnico formado por 7 membros entre os que tamén está o pontevedrés Ramon Quintás. Todas as tardes ocúpoas vendo partidos, preparando informes e sesións de adestro.
- Fáleme do Sport Luanda e Benfica, un dos grandes do fútbol angoleño...
- É un club que está en pleno crecemento, en xuño esta previsto poñer en marcha unha academia privada para os mais mozos da que serei o encargado do departamento metodológico.
- Cal é o nivel deportivo en comparación a España?
- Sería un Segunda B alto con algúns xogadores que poderían estar en Segunda A sen problema. Temos 8 internacionais habituais con Angola, hai xente de varias nacionalidades, brasileiros, portugueses, camerunenes, marfileños, congoleños, caboverdianos... varios deles tamén internacionais.
- E como é a liga?
- O Girabola é moi igualado, moi competitivo e con grandes rivalidades. Os equipos manexan orzamentos altísimos e é habitual que os seus pretemporadas sexan en Portugal, España, Mozambique ou ata Brasil. Predominan os técnicos portugueses e brasileiros, que veñen importando novas tendencias ao sobre todo físico xogo africano. Os estadios nas provincias énchense dobrando incluso a súa capacidade, á xente encántalle o fútbol español, o día do Real Madrid -
Barça coincidiunos cun derbi noso e o estadio estivo prácticamente baleiro.
- Que tal vaille ao seu equipo?
- Agora estamos nos primeiros postos, cumprindo os obxectivos marcados, na Copa Confederación da CAF eliminounos o Étoile du Sahel de Túnez, un histórico africano, o obxectivo era chegar o máis lonxe posible pero sen descoidar nunca o Girabola e revalidar a Copa, que son os dous obxectivos prioritarios.
- Como se adaptou á vida en Luanda?
- A miña adaptación esta sendo boa, sempre é duro estar lonxe de casa pero cando un traballa no que lle gusta e está rodeado de boa xente lévase mellor. Luanda é unha cidade en pleno crecemento, esta súper habitada e o seu gran problema é o trafico polos seus famosos engarrafamentos nos que multitude de xente aproveita para venderche de todo.
- Que lle sorprendeu?
- A pobreza; en Angola non hai clase media, ou es moi rico ou moi pobre... A cidade esta catalogada como a mais cara do mundo e é verdade. Calquera cousa custa o triplo que en España ao ser de importación, maioritariamente de Portugal, xa que Angola quedou moi danada na guerra e a súa produción aínda non dá para abastecer o país. É verdade que está crecendo día a día en infraestructuras, grazas sobre todo ao petróleo.
- Está ben pagado o seu traballo no corpo técnico?
- Si, permíteme vivir ben e aforrar. O problema é que non hai divisa, é complicado conseguir euros ou dólares.
- Ten tempo para facer turismo?
- Non moito. O fútbol ocúpame case todo o tempo. Entre concentracións, adestramentos e partidos. Tiven a ocasión de visitar a illa de Mussulo, un paraíso case virxe. Cando imos ver partidos lonxe de Luanda aproveitamos para coñecer a cultura e tradicións do xente que nos imos atopando.
UNHA ENTREVISTA DE G.S. PARA DIOARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: