22 de abr. de 2015

O PARTIDO ONDE NACEU A GÜRTEL, BARCENAS, GRANADOS, RATO E MOITOS MAIS XA TEN A SÚA LISTA PARA CAMBADOS

LUÍS ARAGUNDE RODEASE DA MESMA XENTE  CON POUCOS CAMBIOS
O Partido Popular, o partido que foi berce da Gurtel, de Barcenas, de Granados,
de Rato e de moitos mais xa ten a súa lista para Cambados, unha lista que  nos seus cinco primeiros postos
1
practicamente non ten cambios desaparece Candelaria e aparece a guardia pretoriana de Luís Aragunde , no número 5,  aparece o presidente de NNGG do PP de Cambados, Luís Alberto Serantes González. Polo demais Juan José Cores (2), María Isabel Varela (3), e Mónica Brea (4) o sector afín (e tan afin  dirian algúns)
2
a Aragunde segue nos seus postos. A destacar tamén  varios membros de comisión de festas nas filas, agora entendemos moitas cousas, sobre todo o desvio masivo de  diñeiro das arcas municipais a estas comisións. Aos cinco primeiros xa os coñecedes ben, son os mesmos que apoian aos que non queren darlle a medicación aos da hepatites C,  os mesmos que están a arruinar aos armadores do cerco,  os mesmos que permiten que se
3
contamine a nosa ría,  os mesmos que apoiaron ao anterior patrón maior que practicamente levou a confraría a bancarrota,  os mesmos que non evitan os puntos negros onde morre xente etc. En definitiva son os mesmos que apoian a un partido onde a corrupción practicamente  avanza a
4
pasos axigantados.  En vindeiras sesións iremos desgreñando os demais membros da lista  no que hai mais dun caso curioso.
Tamén advertimos que o que vai nunha lista convertese en personaxe público e como tal está exposto a louvanzas e críticas e o límite determino a lei sobre todo as criticas. É moi doado ir nunha lista que sabes que en
5
pouco tempo podes atopar chollo ti ou un familiar no concello,  ou vivir do mesmo, polo que tamén deberán estar dispostos a recibir criticas e esperemos que tomen tan ben unha cousa como a outra.
Outro día seguiremos falando do seguinte tramo da lista liderado  por unha persoa tamén curiosa,   o sobriño de Tourís, que vai de número 6.
A LISTA COMPLETA:


Ningún comentario: