22 de abr. de 2015

SOMOS CAMBADOS DEFENDERÁ A ULTRANZA O SECTOR DO MAR

TAMEN IMPULSARAN UNHA FESTA DE CARÁCTER HISTÓRICO PARA POÑER EN VALOR TODA A ZONA DECLARADA BIC (FEFIÑÁNS, SAN TOMÉ E RÚAS DO CASCO HISTÓRICO).
PROPOSTAS REALES E REALIZABLES CONTRA O DESEMPREGO DE “SOMOS CAMBADOS” DO PROGRAMA DE GOBERNO “50 MEDIDAS PARA CAMBIAR CAMBADOS”
En Somos Cambados teñen moi claro que o desemprego e a falla de recursos económicos son agora mesmo as principais preocupacións de moitas familias de Cambados. Non
TINO CORDAL Nº 1
entenden a escasa asignación de recursos nesta materia por parte do PP cando levamos meses con máis dun 25% da poboación activa en situación de desemprego (1.660 cambadeses), ou con contratacións precarias e temporais (soamente 12 dos 290 contratos asinados en Cambados no mes de febreiro foron indefinidos). O Concello, destinou no 2013 só 88.170,26 € a actuacións de
carácter económico, para fomentar o emprego e desenvolver o potencial dos distintos sectores da actividade económica; pero, pola contra, destinou 367.532,44 € a festas e festexos ou 228.038,08 € aos Órganos de Goberno.
Por iso, Somos Cambados propón unha serie de medidas para o fomento do emprego e apoio ás iniciativas empresariais e de
autoemprego. Neste sentido, queren recuperar as parcelas do polígono industrial de Sete Pías sen actividade
para poñelas a disposición de empresas en réxime de concesión a cambio da creación de emprego. Preto dun 25 % das parcelas atópanse baldeiras, mentres o PP pretende ampliar o polígono industrial.
Estableceran unha caixa de financiamento local para apoiar
proxectos empresariais viables de emprendedores de Cambados, primando as axudas financeiras a aqueles proxectos empresariais que xeren emprego. Aprobaran a posibilidade deaprazar e acollerse a un
período de carencia no primeiro exercicio de actividade e de bonificacións na licenza de apertura e taxas municipais para aqueles comercios e negocios de nova apertura no Concello de Cambados que creen emprego estable.Activaran a Mesa do Comercio Local,
incluíndo aos comerciantes e empresarios que o desexen e non estean asociados. E tamén crearan un viveiro de empresas para apoiar a emprendedores, facilitándolles oficinas e despachos para aquelas actividades
que o requiran, e destinando a nave do polígono propiedade do Concello, actualmente alugada, a aquelas actividades industriais dos emprendedores. Ademais,potenciaran o mercado municipal de abastos, impulsando a realización de mercados tradicionais e a exposición de produtos da zona no casco histórico na época estival.
XAN GALBAN, UN CRACK

Por suposto, defenderan con firmeza o sector do Mar, tanto o sector pesqueiro como o marisqueiro. Saneando o litoral costeiro, erradicando os puntos de vertidos de fecais ao mar, instando á Xunta a que faga análises periódicos nas desembocaduras dos ríos, e tamén das especies invasoras na Ría de Arousa. Tamén, solicitarrfan o abaratamento a Portos de Galicia das taxas que se abonan pola utilización dos peiraos e das instalacións. E faran unha fronte común coa Confraría para defender as demandas de armadores, mariñeiros e mariscadoras.
Apoiaran o auto-emprego na agricultura e viticultura; con asesoramento nos trámites para aquelas persoas que queiran darse de alta, información sobre axudas económicas e programación de cursos e obradoiros específicos (biocidas, poda, agricultura ecolóxica…), publicando as fincas de Cambados inscritas en BANTEGAL e creando un banco de terras municipais. Promoveran o turismo aproveitando o sector do viño; fomentando e impulsando o Etnoturismo como forma de desestacionalizar a demanda turística; implantando e xestionando desde a Oficina de Turismo Municipal rutas guiadas en colaboración coas adegas que o soliciten e cos establecementos hostaleiros de Cambados; programando rutas polo Conxunto Histórico do Concello e as adegas; poñendo en valor o Museo do Viño. En definitiva, creando emprego arredor do ocio e o turismo, e non simplemente establecendo unha Ruta do Viño sen apenas promocionar o sector.
Promoveran Cambados como sede de congresos profesionais ou sectoriais de ámbito galego, estatal e internacional, co que iso suporía de beneficio para a hostalería e o comercio locais e a desestacionalización do turismo. Tamén promocionaran o noso concello como sede de cursos universitarios. Ademais, solicitaran a inclusión de Cambados no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, entidade de cooperación territorial que integra ás principais cidades de Galicia e o Norte de Portugal. Formar parte do Eixo Atlántico facilitaría o acceso a máis axudas e fondos europeos, e atraería máis turistas portugueses.
Fomentaran a través de axudas directas a creación de iniciativas privadas no sector cultural, e apoiaran a creación de empresas que poñan en valor a cultura e o patrimonio de Cambados. Impulsaran unha Festa de carácter histórico para poñer en valor toda a zona declarada BIC (Fefiñáns, San Tomé e rúas do casco histórico) e desestacionalizar o turismo. Introduciremos esta festa no circuíto de festas históricas consensuando as datas da súa celebración cos comerciantes e hostaleiros.

Ningún comentario: