11 de abr. de 2015

O GRUPO ARTISTICO “OS RESENTIDOS” ESPOÑEN NA CAFETERIA REYMAR DE CAMBADOS.

"Os Resentidos"
A partires do 10 de abril e ata xuño o grupo pictórico cambadés autodenominado "Os Resentidos" formado polos pintores Tino Chaves,
Edu Charlín, Seso Rey , Nesti Piñeiro Santorun e o escultor Jesus Gomez Charlin expoñerán no " ReyMar " sito na Praza Clemencio Pulido de Cambados, ao caron do oficina de emprego.
Nesti Piñeiro, de Castrelo,  define a súa pintura como gusto polo “fantástico”  e polos seres irreais  aínda que tamén se atreve cos retratos, e ten o seu propio blog.
Seso Rey de Corvillón, a súa obra basease na “escupontura”, esculturas feitas en lenzo as que lle da cor cun resultado moi interesante.
Suso Goméz de Santa Mariña é un escultor especial pois mistura como ninguén a pedra con “artefactos dun xeito maxistral, ten a súa propia páxina web.
Tino Chaves San Tome é todo un especialista no debuxo a tinta, é todo un mestre, tamén se atreve cos lenzos.  A súa ténica mellora dia a dia.

Edu Charlin,  da Praza Compostela, é unha explosión de cor, na que lle gusta recrearse nos monumentos cambadeses e materia prima do mar.

Ningún comentario: