"SOMOS CAMBADOS", ELIXEUNO POR MAIORIA APLASTANTE EN ASEMBLEA CELEBRADO ONTE.
Ainda que as comparecións son odiosas a veces convén facelas, acordadesvos que fai uns meses un grupo de homes
e mulleres de distintas idieoloxias politicas, xuntaronse co obxectivo de eliminar da Confraria de Cambados a un grupo de xente vinculado ao PP e deixando partidismos fora, conseguiron gañar con maioria absoluta recuperando a normalidade democrática e que dende este blog denominamos como a candidatura da Rexeneración
Democrática, algo parecido está a pasar con "Somos Cambados", un grupo de homes e mulleres que deixando a sua ideoloxia politica aparte nacen cun demoninador común; rexenerar a vida democrática no Concello de Cambados, e onte derón un bo exemplo a nomear por maioria aplastante das mais de 60 persoas que asistiron a asemblea a Tino Cordal como capitán desta rexeneración democrática, na
cal dende un principio as outras forzas de esquerda do noso pobo non quixeron nin oir falar pese a haberlle proposto unirse todos, segundo nos comenta un voceiro de "Somos Cambados".
![]() |
Con Mercedes Peón, musicologa galega. |
![]() |
Celtista convencido. |
cal dende un principio as outras forzas de esquerda do noso pobo non quixeron nin oir falar pese a haberlle proposto unirse todos, segundo nos comenta un voceiro de "Somos Cambados".
Tamén foi foi aprobado o programa electoral pola inmensa maioría dos asistentes, despois dun intenso e enriquecedor debate
Tino Cordal ten 45 anos está casado e con duas fillas amosamos unha breve semblanza da sua carreira:
Profesional ata o 2012, actualmente sigue exercendo agora coma profesor. Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, e Master en Administración Pública Europea pola Universidade Católica
de Lovaina (Flandes, Bélxica). Desde o ano 2004, Profesor da Área de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo. Imparte docencia na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra. Aínda que tamén en dous
Master na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e na Escola de Economía e Xestión da Universidade do Minho en Braga
de Lovaina (Flandes, Bélxica). Desde o ano 2004, Profesor da Área de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo. Imparte docencia na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra. Aínda que tamén en dous
Master na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e na Escola de Economía e Xestión da Universidade do Minho en Braga
(Portugal). Celtista de corazón.
Tino dirixeuse aos asistentes visiblemente emocionado e dixo que non estaba afiliado a ningún partido politico, que era un home totalmente indepedente e que aceptaba o cargo con responsabilidade e prometendo a rexenación democrática da vida cambadesa, eliminar a corrupción no concello de Cambados e acabar coa apatía politica deste pobo, palabras que foron corroborados con aplausos do numeroso público asistente.
NA VINDEIRA ASEMBLEA APROBARASE A LISTA DEFINITIVA
Ao remate da asemblea Xurxo Charlin, un dos homes vitales tamén deste proxecto, anunciou que na vindeira asemblea traerase a mesma unha proposta de lista para ser aprobada polos asistentes.
-------------------------------------------------------
NOTA DE PRENSA OFICIAL DE SOMOS CAMBADOS
SOMOS CAMBADOS APROBOU POR UNANIMIDADE O PROGRAMA DE GOBERNO E O CANDIDATO PARA AS VINDEIRAS ELECCIONS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO.
A Asemblea da Plataforma Cidadá Somos Cambados elixiu na noite do venres a Constantino Cordal Rodriguez como candidato á alcaldía nas próximas eleccións do 24 de maio. Na votación, Tino Cordal obtivo a unanimidade dos votos. O candidato á alcaldía de Somos Cambados, de 45 anos, está casado e ten dúas fillas. É natural de Fefiñáns aínda que reside en Oubiña dende fai 9 anos..
Estudou no Colexio Antonio Magariños, Salesianos de Castrelo, Instituto Ramón Cabanillas, Universidade Complutense de Madrid(licenciatura e doutorado en Ciencias Políticas e Socioloxía), Universidade de Santa Cruz, California (relacións internacionais) e Universidade Católica de Lovaina, Bélxica (máster en administración pública). Tamén realizou estadías de investigación nas universidades de Leiden (Holanda), Moscú, La Habana, Budapest e durante un ano na Universidade de Minho en Braga (Portugal).
Exerce como profesor e investigador de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo dende 2004, onde é secretario do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, e coordinador de prácticas do grado en Dirección e Xestión Pública. Ademais, imparte docencia en dous Máster na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e na Escola de Economía e Xestión da Universidade do Minho en Braga (Portugal). Ten varios libros e numerosos artigos científicos publicados sobre Ciencia Política e da Administración, Unión Europea, Gobernanza, Políticas Públicas, Cooperación Territorial e a Eurorexión Galicia-Norte de Portugal. Fala con fluidez varios idiomas, sendo practicamente bilingüe en inglés.
Máis aló do mundo académico, tamén traballou durante once anos como representante de empresas do sector da alimentación (Pleamar, Transpesca, Wrights of Howth, etc.), posuíndo unha dilatada experiencia na comercialización e exportación de peixes e mariscos dos mercados fresco, conxelado e conserveiro.
Foi concelleiro na lexislatura 1995-1999, aínda que na actualidade non está afiliado a ningunha organización política. A plataforma cidadá Somos Cambados tamén aprobou na noite do venres o seu programa de goberno para as próximas eleccións municipais do 24 de maio, no que se inclúen “50 medidas para cambiar Cambados”. Nel resáltase o compromiso de Honradez, Participación e Igualdade, o afán por mellorar a atención ós veciños e os servizos do concello. As nosas prioridades serán a loita contra o desemprego e axudar ós cambadeses e cambadesas que máis o precisan.
Dende a Plataforma Somos Cambados queremos agradecer a ampla participación dos veciños e veciñas tanto nas Asembleas coma nos apartacións realizadas a través da paxina web e das redes sociais. Por outra parte estamos moi gratamente sorprendidos polasnumerosas solicitudes de cambadeses e cambadesas que amosaron a súa disposición para ser incluídos no proceso de elaboración da candidatura para ser votada na vindeira asemblea o sábado 18 de abril.
Somos Cambados.
En Cambados, a 11 de Abril de 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario