28 de abr. de 2015

PRESENTACION DA CANDIDATURA MAIS ESPERANZADORA PARA CAMBADOS

“SOMOS CAMBADOS” PRESENTA A SÚA CANDIDATURA O VINDEIRO VENRES EN EXPOSALNES ÁS 18.30 HORAS.
 O vindeiro VENRES 1 DE MAIO, a candidatura pola
rexenaración democráitca, a candidatura mais esperanzadora para Cambados, presenta os seus homes e mulleres que, se os cambadeses lle outorgan a sua confianza,  vannos a representar na vindeira lexislatura.
Estes son os homes e mulleres de “Somos Cambados”:
Tino Cordal. Casado e con dúas fillas, é natural de Fefiñáns
TINO CORDAL
aínda que reside en Oubiña. Estudou no Colexio Antonio Magariños, Salesianos de Castrelo, Instituto Ramón Cabanillas, Universidade Complutense de Madrid(licenciatura e doutoramento en Ciencias Políticas e Socioloxía), Universidade de Santa Cruz, California (Relacións Internacionais) e Universidade Católica de Lovaina, Bélxica (mestrado en Administración Pública). Tamén realizou estadías de investigación nas universidades de Leiden (Holanda), Moscova, A Habana, Budapest e durante un ano na Universidade de Minho en Braga (Portugal). Exerce como profesor e investigador na Universidade de Vigo dende 2004, onde é secretario do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, e coordinador de prácticas do Grao en Dirección e Xestión Pública.
XURXO CHARLIN
Os demais integrantes da candidatura veciñal Somos Cambados son: Xurxo Charlín, empresario e membro do Colexio de Economistas e Titulados Mercantís; Esther Castro, Licenciada en Historia do Arte e Diplomada na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia; Silvia Vozza, operaria dunha conserveira de Cambados; Antonio Sineiro, taxista de
ESTHER CASTRO
Cambados; Xan Galbán, cociñeiro e empresario;Inma Castro, Licenciada en Filoloxía Galega e Guía Turística; Rita Mosteiro, Técnico Superior en Imaxe e Son; Antón Cordal, Director Administrativo dunha Depuradora de Castrelo; Rubén Casais, armador e mariñeiro de artes varias; Mª Teresa Bugallo, mariscadora de San Tomé; Natalia Rodiño, Protésico Dental e
SILVIA VOZZA
profesional do sector sanitario; Xesús Castro, estudante de Historia, empregado a tempo parcial na hostalería e músico en grupos locais; Oscar Paz, albanel e agricultor de Oubiña; Mabel Falcón, Licenciada en Tradución e Interpretación e profesora de idiomas de Vilariño;Juan Carlos Martínez, mariñeiro e armador; e, pechando a lista, Maribel Iglesias, profesora de Xeografía e
 
ANTONIO SINEIRO
Historia no Instituto Francisco Asorey.
A candidatura complétase con 10 suplentes, o máximo establecido pola LOREG, cuxos integrantes, ao igual cos dezasete titulares, son persoas que participaron nas asembleas e nas redes sociais e se inscribiron para formar parte da mesma.




Ningún comentario: