Desde SOS PANADEIRA como plataforma vecinal ( Sanxenxo, Pontevedra) con dous anos de loita contra a construción dun proxecto usurpador de dúas praias atopámonos con moitos obstáculos na procura dos
datos ,así que recoñecendo a súa incapacidade como cidadáns de chegar máis aló en procúraa de probas, descansan a responsabilidade e esperanza contraídas na Fiscalía Anticorrupción.
datos ,así que recoñecendo a súa incapacidade como cidadáns de chegar máis aló en procúraa de probas, descansan a responsabilidade e esperanza contraídas na Fiscalía Anticorrupción.
Desde SOS PANADEIRA en primeiro lugar recoñecer o seu
esforzo estéril en explicarnos e explicarvos as competencias , usos e acordos entre Nauta-Concello-Team Campos.
esforzo estéril en explicarnos e explicarvos as competencias , usos e acordos entre Nauta-Concello-Team Campos.
Fai máis dun ano reclamaron de todas as formas que a sua imaxinación puido bosquexar, unha explicación plausible á fosca imbricación de persoas e identidades.
Aproximadamente dous meses atrás, tras moita insistencia en tempo e formas facilitáronllenos documentos de "contas" e "convenio" por parte de Concello de Sanxenxo. intentaron analizar en profundidade o seu contido. Para a súa análises técnicas desinteresadamente (como sempre en SOS
PANADEIRA) devolvéronlles unha resposta perplexa común. Que queredes saber o que está ben ou o que está mal. Ante a súa sorpresa respondíanlles: si non vos importa acabamos antes dicindo o que está ben dado que é moi pouco.
PANADEIRA) devolvéronlles unha resposta perplexa común. Que queredes saber o que está ben ou o que está mal. Ante a súa sorpresa respondíanlles: si non vos importa acabamos antes dicindo o que está ben dado que é moi pouco.
Como cidadáns/as participativos/as recorren nunha desesperada procura de transparencia á Fiscalía Anticorrupción. A propósito que entre as súas competencias está a de saír en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interese público tutelado pola Lei, de oficio ou a petición dos interesados, así como velar pola independencia dos Tribunais e procurar ante estes a satisfacción do interese social.
En aras de esclarecer os extremos máis farragosos desta denuncia facilitámosvos un dos informes facilitados por unha técnica especializada.
O PROCEDIMENTO DE CONTRATACIÓN:
Recollido en RD 3/2011, Lei de Contratos do Sector Público e L 30/1992 de RJAPyPAC.
A. CUALIFICACIÓN DO CONTRATO:
Para empezar, sería un CONTRATO, non un CONVENIO. Este é un contrato de colaboración, de carácter privado e suxeito a regulación harmonizada. É un dos contratos máis complexos, polo que a Lei establece que só poderán celebrarse cando se puxo de manifesto que outras formas de contratación non permiten a satisfacción das finalidades públicas. Para iso realizarase, por parte dun órgano colegiado onde se integren expertos con cualificación suficiente na materia, unha avaliación de si a Administración está en condicións ou non de realizar as actuacións obxecto do contrato, así como da viabilidad de formas alternativas de contratación.
B. PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN:
Este contrato supón, ademais, que debe adxudicarse mediante procedemento de diálogo competitivo. Este procedemento é unha mestura entre o procedemento restrinxido e o negociado, xa que a entidade do sector público negociará os términos do contrato coas empresas seleccionadas, pero existe a posibilidade para estas empresas de solicitar a participación no proceso. Por iso, A contratación conllevará unha licitación con publicidade, no que poderán presentarse todas as empresas interesadas.
A entidade suscitará un problema ou necesidade a varias empresas, que farán propostas para solucionalo. Unha vez seleccionada a mellor solución, as empresas que participan no proceso farán as súas ofertas en relación á solución concreta elixida.
Como contrato suxeito a regulación harmonizada, deberá publicarse obligatoriamente no DOUE e van presentar particularidades en canto á súa tramitación.
En canto á empresa contratada, esta deberá acreditar certos requisitos:
- A solvencia técnica e profesional, a cal demostrará a capacidade da empresa para levar a cabo de forma efectiva os traballos a que se comprometeu. Acredítase mediante memoria de servizos realizados nos últimos tres anos, indicación do persoal técnico contratado, detallando o seu cualificación e experiencia, dos medios materiais...
- A solvencia económica, para facer fronte aos gastos económicos que se vaian a derivar do contrato durante a súa realización, e para facer fronte tamén ás posibles indemnizacións en caso por exemplo de incumplimiento do contrato. Acredítase mediante declaracións de entidades financeiras, contas anuais presentadas en Rexistro competente, etc...
Ademais, si o contrato ao que queremos concorrer é un contrato suxeito a regulación harmonizada é probable que se esixa a acreditación de contar con sistemas de aseguramiento da calidade baseado na serie de normas europeas na materia, así como a acreditación de que se cumpren determinadas normas de xestión medioambiental.
C. O CONCURSO:
O pliego de licitación: Recolle os aspectos técnicos e administrativos dunha licitación.
A empresa deberá presentar documentación administrativa (datos da empresa, certificado de estar ao corrente con Facenda....), unha proposta técnica (obxectivos, descrición das actividades, medios humanos e materiais...)
A Adjudicación: Unha vez presentadas as propostas reunirase unha Mesa de contratación, que será competente para a valoración das ofertas presentadas ante o órgano de contratación.
Estará composta por polo menos seis membros (un presidente, un secretario e polo menos catro vocales que deberán cumprir determinadas características.
A composición da mesa será pública e terá que publicarse no perfil do contratante do órgano de contratación cunha antelación mínima de sete días antes da reunión de cualificación da documentación. (No perfil do contratante de Nauta non aparece este procedemento: http://www.sanxenxo.é/index.php?idMenu=66
1
Ningún comentario:
Publicar un comentario