29 de abr. de 2015

SEGUNDO SOS PANADEIRA O XULGADO ARQUIVA A QUERELA CONTRA O SEU AVOGADO CARLOS QUINTIA.

Carlos Quintia
FORA INTERPOSTA POR INXURIAS E CALUMNIAS POR PEDRO CAMPOS CALVO-SOTELO PRESIDENTE DO CLUB NAUTICO.
SOS PANDEIRA está de parabéns,  pois  a querela que PEDRO CAMPOS CALVO-SOTELO, presidente do Club
Pedro Campos
Nautico de Sanxenxo interpuxera contra o avogado de SOS PANADEIRA, CARLOS QUINTIA CELAYA por decir en público que lles  pegaran, que contrataran aos matons e que os acochara no Náutico,foi desestimada xa que a xuiza creeu que a verdade de Carlos Quintía Celaya era máis posible (a proposta de Calvo-Sotelo de retirar a querella respondeu Carlos: "antes se helará el

infierno"). 
SOS PANDEIRA  darlle as grazas a Carlos Quintía por ir a tantos xuizos, de balde e ser fundamento de unha Plataforma por e para TODOS. 
Segundo SOS PANADEIRA é certo: que lles pegaron, que os perseguiron, que foron a ameazados a casa, que os acusaron en falso de
delitos noxentos pero aí están a "aturar tempestades de sal".
Tamén dan grazas a Cambados polo interés e por seren veciños, de verdade, o agarimo que lles dan  cando van coas suas camisetas nunca será pago. 


Nesta terra, meta de turistas
con praias urbanas, tesouro do mar,
infectada de sangue usureiro
caciques modernos, mecenas do mal,
Crense donos de rochas, area, do vento e da auga
e venden o mar
agardando non ter resistencia ante os seus abusos
Quen os vai frear?
Máis aínda seguimos aquí
a aturar tempestades de sal
resistindo a violencia de mans desas serpes e cans
que nos queeren roubar
Compañeiros de SOS Panadeira, unha illa no
medio do mar
que iluminan o loito máis negro
que esquece o desterro e o medo a loitar.
Cando nas rochas se cravan pilotes
e a dor e a xenreira non deixan sorrir
cando atacan por mar e por terra
falta a identidade que axuda a vivir
Só se calma o ruído da raiba
defendendo os dereitos cada mañán
Queremos curar as feridas, recuperar o noso FÖRA PANTALÄNS!!!
Nita Rivas para SOS PANADEIRA bebendo da fonte de SÉS con respeto e plaxio admirado.
Grazas





Ningún comentario: