29 de abr. de 2015

"SOMOS CAMBADOS" PON EN FUNCIONAMENTO A TRAVÉS DA SÚA PAXINA WEB, UN SERVIZO QUE PERMITE AOS CAMBADESES FACER CALQUERA TIPO DE DOAZÓN

NON VAN ACEPTAR, COMO OUTROS, GRANDES DOAZÓNS  DE EMPRESAS QUE POIDAN HIPOTECAR AS SUAS PROPOSTAS
A plataforma veciñal Somos Cambados
presenta publicamente a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 24 de maio este venres 1 de maio,
TINO CORDAL
coincidindo cao conmemoración do día do Traballo, no salón de actos de Exposalnés, ás 18:30 horas. No actointervirán, ademais do candidato á alcaldía, Tino Cordal, outr@s integrantes da candidatura, como Xurxo Charlín, Esther Trigo, Silvia Vozza, Antón Sineiro e Xan Galbán.
A candidatura de Somos Cambados
XURXO CHARLIN
está formada por 27 persoas, o máximo legalmente permitido, das cales 14 son mulleres e 13 homes. A plataforma veciñal afirma que se viron desbordados pola cantidade de cambadeses e cambadesas que quixeron formar parte da candidatura, tendo que quedar xente fóra da mesma. Somos a candidatura da ilusión, a candidatura que mellor representa os desexos de cambio da
ESTHER CASTRO
sociedade cambadesa. 
Somos Cambados pretende que este acto supoña o inicio dun proceso que durará preto dun mes e que rematará o 24 de maio coa materialización, a través das urnas, do cambio que Cambados precisa, logo de 28 anos de maioría absoluta do Partido Popular.
Neste acto ademais de presentar a nosa lista
Silvia VOZZA
electoral, tamén se dará a coñecer o noso Programa de Goberno, “50 medidas para cambiar Cambados”, facendo un pequeno resume das principais medidas que van facer de cambados un concello no que o máis urxente sexa a atención da xente que máis o precisa, no que sexa unha prioridade a loita contra o desemprego, se melloren os servizos que presta o concello e se faga un
ANOTNIO SINEIRO
concello máis aberto, participativo e democrático, un concello de tod@s.
Tamén dende a plataforma veciñal Somos Cambados puxeron en funcionamento a través da súa paxina web, un servizo que permite aos cambadeses que así o desexen facer calquera tipo de doazón para sufragar os gastos da campaña electoral, ou ben facendo un ingreso na sucursal de Abanca
XAN GALBAN
de Cambados Podes facer una Donación na nosa conta no seguinte enlace, ou ben na conta de ABANCA de Cambados (2080/5021/50/3040020641), e no que tamén se permita en todo momento consultar as súas contas, xa que se eles reclaman transparencia, esta debe comezar dende eles mesmos. Medida que dende Somos Cambados animan que tamén fagan o

resto de forzas que se presentan as eleccións do 24 de Maio.
En Somos Cambados entenden que a transparencia é fundamental para fomentar a participación e xerar confianza no proceso. Do mesmo xeito que poñen un gran esforzo en comunicar “o que fan” deben transmitir claramente “cómo o fan” e “con que o fan”.
Basean a xestión financeira de Somos Cambados nos principios de transparencia e rendición de contas, de tal forma que esta información se presentará de forma clara e accesible, publicando regularmente o balance de ingresos e gastos especificando claramente a as fontes de financiamento, o destino dos fondos, e do detalle de cada un dos gastos realizados. A liberdade de decisión e actuación veñen da man da autonomía. Por iso o obxectivo de Somos Cambados é a autoxestión e contar coa implicación das persoas para sustentar o proceso que permita a independencia financeira. Non van aceptar o endebedamento coa banca pero tampouco grandes doazóns de persoas e/ou empresas que poidan condicionar o seu discurso e hipotecar as suas propostas. Por iso consideran importante unha xestión económica equilibrada, xestión que trasladaran o concello de Cambados a partires do vindeiro 24 de maio.


Ningún comentario: