21 de abr. de 2015

“SOMOS CAMBADOS” VAI DESTINAR COMO MÍNIMO O 12% DOS RECURSOS ORZAMENTARIOS DO CONCELLO A POLÍTICAS DE ATENCIÓN SOCIAL DIRECTA ÁS PERSOAS

SOMOS CAMBADOS PRIORIZA NO SEU PROGRAMA DE GOBERNO A AREA DE PROMOCIÓN E PROTECCIÓN SOCIAL
A plataforma veciñal, "SOMOS
CAMBADOS", elaborou un programa de goberno de “50 medidas para cambiar Cambados”, no que se plasma como
Tino Cordal
prioridade axudar os veciños e veciñas que o precisan, a través dunha serie de medidas de actuación e promoción social. O labor principal dun Concello debe ser atender as necesidades dos veciños e veciñas. Nestes tempos de crise, non se pode entender este tipo de medidas sociais como limitarse a prestar “caridade” cando hai moitas familias que non teñen recursos para pagar recibos e impostos municipais ou teñen problemas para chegar a fin de mes.
Dende SOMOS CAMBADOS apostan decididamente por garantir que todas as familias de Cambados conten con recursos suficientes para levar unha vida digna. Entenden que a principal medida do seu Programa de Goberno vai ser, reforzar a área de atención social do Concello, non só aumentando a partida de persoal, se non dotándoa de recursos e axudas directas ás familias e institucións. Queren que se de unha boa atención aos veciños que precisan acudir a esta area, pero entenden que é excesivo que os custes laborais supoñan o 60 % do gasto nesta area, como aconteceu no exercicio 2013. 

No seu Programa de Goberno acordouse destinar como
Xurxo Charlin
mínimo o 12% dos recursos orzamentarios do Concello a políticas de Atención Social directa ás persoas (isto dependerá do orzamento de cada ano, pero no 2015, cun orzamento de case 8.000.000 €, falaríamos de dedicar 960.000 € á atención social). Estes recursos non verían de aumentar os ingresos a través da carga impositiva, se non da racionalización de gastos en outras areas.

Con eses fondos, van establecer unha Axuda económica directa destinada a familias en situación de risco de exclusión social. O obxectivo é garantir uns ingresos mínimos para facer fronte ás necesidades básicas da familia e aos servizos esenciais. Tarxeta moedeiro para compra de alimentos, pago de recibos da Luz, Auga, Sumidoiros, Lixo, IBI... Esta prestación estaría xestionada e supervisada polos Servizos Sociais do Concello, e concederíase vinculada a unha serie de requisitos e situacións de carácter especial. Instaurar unha Bolsa de axuda económica para acceso a estudos básicos, medios e superiores ou universitarios, destinada a persoas con poucos recursos. De xeito que os rapaces e rapazas de Cambados que cumpran os requisitos para recibir unha beca non queden sen ela por falla de fondos públicos.

Tamén consideran preciso, potenciar a creación de Fogares
dos maiores, adaptando para o mesmo locais públicos sen apenas uso, como a casa mariñeira de San Tome, o Muíño da Seca, a Casa da Pastora ou as Escolas Unitarias de Vilariño, en colaboración coa Xunta de Galicia, dotándoas de medios e persoal especializado para que cubran o lecer dos nosos maiores.Ademais de crear unha Bolsa de Vivenda en Aluguer, con axudas para a xente que sofre violencia de xénero, desafiuzamentos, risco de exclusión social e tamén para os mozos e mozas que queiran emanciparse. 

Por ultimo cren imprescindible na atención sanitaria, promover a realización de melloras no Centro de Saúde e dos servizos que se prestan no mesmo, en especial da atención pediátrica en Urxencias, e adquirir un vehículo habilitado para ser utilizado por dependentes e maiores nos seus desprazamentos ao Centro de Saúde e ao Hospital do Salnés.

E SOBRE TODO LEMBRA SOMOS CAMBADOS NON TEN NADA QUE VER CON "CAMBADOS PODE"

Ningún comentario: