21 de abr. de 2015

PRESENTACIÓN AUDIOVISUAL DO LIBRO “FALANDO CLARO” EN EXPOPOSALNÉS

COA PRESENCIA DO SEU AUTOR PEPE SENDÓN.
O vindeiro xoves 23 de Abril ás 20 horas terá lugar en Exposalnés a presentación audivisual do libro “Falando Claro” sobre o anarquista de Louro, Claro José Sendón Lamela. O acto está organizado polas librarias Ramón Cabanillas e
Contos de Cambados.
Pepe Sendón, (Lira, 1964) rescata a figura do anarquista de Louro (Muros, A Coruña) Claro José Sendón Lamela (1897
-1937), unha das figuras políticas máis destacadas do anarquismo galego. Falando Claro é unha obra de divulgación histórica froito dunha longa investigación que comezou cando o autor descubriu, nunha enciclopedia, un breve perfil biográfico de Claro Sendón escrito polo historiador Dionisio Pereira. A partir dese momento iniciou unha procura tratando de seguir o rastro dunha vida trepidante e localizar unha produción escrita dispersa e difícil de encontrar.

O resultado desa procura publícase agora nun libro que é a
reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. A obra inclúe taménunha serie de fotografías inéditas do protagonista.
Pepe Sendón (Lira, 1964) é escritor, músico e tradutor. A comezos dos noventa foi un dos activos promotores da sala NASA e o grupo Chévere e colaborador en numerosos proxectos musicais con Fran Pérez, Narf, como a ópera Annus Horribilis, o grupo A Psicofónica de Conxo ou o multimedia infantil O Labirinto dos Soños. Ultimamente ten publicado a novela Satélite (2010), a obra infantilAnimal Fun (2014) con Fausto, e xira co monólogo Marx no Soho e a presentación audiovisual de Falando Claro.

Ningún comentario: