24 de abr. de 2015

SOSPEITOSO E CONTAMINANTE VERQUIDO EN CASTRELO

NA ESTRADA QUE DENDE A GASOLINEIRA VAI A PADRENDA
Un veciño de Castrelo que obviamente imos manter no anonimato, ponos no noso coñecemento un verquido estrano  ao longo da estrada comarcal que dende a Estrada Local EP-9306 que de Castrelo vai a Padrenda. Mais
concretamente case a altura da gasolineira de Castrelo. Como podedes ver o líquido e “negruzco”, viscoso,
altammente contaminante,  e o noso informante descoñece a procedencia aínda que tiña serias sospeitas de onde viñan. O Concello de Cambados debía de tomar cartas no asunto porque se van enterar por medio desta nova e podemos estar perante un delito ecolóxico, porque tal como transcorre o mesmo non debe ser a primeira vez que se da, pero si a primeira vez que se denuncia.











Ningún comentario: