24 de abr. de 2015

USUARIOS DAS INSTALACIÓNS DO XIMNASIO MUNICIPAL DE CAMBADOS DISPOSTOS A DARSE DE BAIXA

A “SALA DE ACTIVIDADES” PROMETIDA NIN ESTÁ NIN SE LLE ESPERA.
Hoxe mesmo recibimos unha nota de varios usuarios do ximnasio “municipal” de Cambados que non están nada contentos nin cas promesas
de Aragunde nin coas promesas da empresa que actualmente xestiona a piscina e ximnasio Aquafit Gestión.
Antes de nada os usuarios infórmanos que a sala de ximnasio quedou francamente ben, o chan cambiado, máquinas novas e bastantes, ata aquí todo correcto. Pero os usuarios quéixanse amargamente pois a empresa e o alcalde prometeron a ampliación do
ximnasio que consistía nunha sala de actividades para os abonados/usuarios da cal non saben absolutamente nada. Aínda que os usuarios entenden que os prazos case nunca se cumpren e asumen incluso unhas semanas de atraso o que está a pasar non “lle cheira nada ben”.
Ignoran cando se vai facer a ampliación pero os usuarios teñen dereito  a ser informados, sobre todos os que están esperando a comenzar novamente as actividades que tiñan e para as que están abonados. Segundo estes
mesmos usuarios a xente  empeza a perder a paciencia xa que por parte da empresa non hai información sobre o tema e eles QUEREN SABER. Son xa moitos os que se propoñen darse de baixa perante a aparente falta de interese da empresa que non nos informa para cando retomaran as súas actividades. Subscriben esta mensaxe  para ver se as persoas ou entidades competentes no tema FAGAN O FAVOR DE INFORMALOS QUE PASA COA AMPLIACIÓN, CANDO SE VAI FACER E CANDO ENTRARA EN FUNCIONAMENTO.
FOTOS: FARO DE VIGO E FACEBOOK.

Ningún comentario: