25 de abr. de 2015

OPINIÓN:

NOVOS TEMPOS PARA CAMBADOS.
UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA
O vindeiro 24 de Maio celébranse eleccións municipais,e pois o momento de render contas, e o momento de apoiar ou denegar a confianza os equipos de goberno e tamén da oposición.
En Cambados presentase cinco candidaturas, e no ambiente adivíñanse aires de novos tempos.
O Partido Popular, actualmente no poder repite cabeza de cartel con Luís Aragunde como alcalde, e quizais o partido que na súa condición de gobernantes mais explicacións teñen que aportar para que os veciños lles outorguen a confianza. Eles mesmos se definen como continuístas, polo tanto mais do mesmo. Sen grandes cambios nos postos de saída, e con novas incorporacións nos tramos medios da lista.Quizais mais sombras que luces na xestión dos últimos anos, acaben pasándolle factura o PP de Cambados, coa perdida de maioría absoluta, pero coa vitoria de ser o partido mais votado.
Victor Caamaño o fronte do BNG, representa unha alternativa sólida e coherente de goberno, mistura na súa lista a experiencia con novas incorporacións de xente moi preparada.Ten no seu haber unha dilatada experiencia o fronte da oposición en Cambados, toda a súa labor e recoñecida e valorada, ten nestas eleccións a oportunidade de liderar un cambio de goberno.
Fatima Abal o fronte das siglas do PSOE, e a segunda muller
que se presenta como cabeza de cartel nunhas eleccións municipais en Cambados. Destaca pola súa labor de fiscalizar a xestión do equipo de goberno, poñendo en múltiples ocasións a Luís Aragunde en evidencia ante o valedor do pobo, e os xulgados. Vai ser capaz de enderezar o partido a nivel local, co cal poder a medio prazo dar un salto cualitativo na esfera local. Será importante o seu papel no próximo goberno.
Tino Cordal, o fronte de Somos Cambados irrompe con forza na vida política municipal, o gran descontento da sociedade civil, fai rexurdir novas alternativas fronte os partidos convencionais, e o novo xeito asembleario na toma de decisións fai mais seu o compromiso cos veciños. De ter pensado participar nestes comicios, quizais forzaron moito os tempos para darse a coñecer a nivel local, de calquera xeito teñen ideas e proxectos ilusionantes que de seguro van ser contestados con representación municipal.Quizais no seu perfil a poidamos ver como a candidatura mellor formada, aínda que pouco coñecida no rural.
E por ultimo como Cambados Pode, ten o fronte o mozo de
vilariño José Ramón Abal, que lidera unha candidatura nova xurdida do descontento social e con ansias de cambiar o rumbo da política conservadora. Manifestan non querer pactos con ninguén, entón teñen un gran reto para chegar a ser o cambio político que Cambados necesita.
Sorte a todos e que Cambados saiba elixir os mellores representantes que nos administren os vindeiros catro anos, agora e o momento, agora ten a palabra o pobo, e o momento de escoller novos tempos pa Cambados.
RICARDO LÓPEZ COSTA

Ningún comentario: