25 de abr. de 2015

O QUE TEÑA “MEDO” QUE QUEDE NA CASA” OU VAIA O PSEUDO DEBATE DO 7 DE MAIO EN TELE SALNES

“SOMOS CAMBADOS” RECLAMA UN DÉBATE PÚBLICO "SEN CONDICIÓNS" ENTRE TODAS AS CANDIDATURAS QUE SE PRESENTAN ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 24 DE MAIO
Un dos principios fundamentais que inspiran SOMOS CAMBADOS é a necesidade de impulsar a participación dos
veciños e veciñas na política de maneira activa. Por iso, entenden como algo esencial da democracia dar a coñecer todas as candidaturas que se presentan ás eleccións municipais, para poder saber cales son os obxectivos e as propostas de cada unha delas.
En SOMOS CAMBADOS cren na
PARTICIPACIÓN DEMOCRÁTICA DIRECTA. Son unha candidatura veciñal, construída para pensar unicamente en Cambados. Estan a realizar un traballo intenso para dar a coñecer o seu Programa de Goberno e queren contrastalo coas demais formacións que se presentan ás eleccións. Consecuentemente, RECLAMAN A CELEBRACIÓN DUN
DEBATE PÚBLICO DE
TODAS AS CANDIDATURAS.
Non poñen ningunha condición previa. Só queren que se cumpra o dereito dos veciños e veciñas a coñecer todas as propostas que se presentan ás eleccións.
Como ben afirma o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), na
súa“Proposta para que a cidadanía coñeza as ofertas electorais”, os debates entre as distintas ofertas electorais son unha das condicións necesarias para que a cidadanía tome libremente a súa opción de voto. Así, segundo o CPXG, o criterio básico e principal que debe primar é o do interese cidadá, é dicir, o dereito da cidadanía a ser informada das distintas opcións políticas entre as que pode optar o 24
de maio. Entenden que o debate debe ser un acontecemento social en si mesmo, non exclusivamente unha cita nun medio de comunicación.
Os veciños e veciñas de Cambados verían limitado este dereito a ser informad@s se só se celebra un debate no que estean unicamente presentes tres candidaturas, cando, ás vindeiras eleccións do 24 de maio, presentanse cinco.
Polo tanto, piden que se respecten plenamente todos os dereitos democráticos da cidadanía e se faga un debate aberto e público entre todas as candidaturas, no cal se sintan representados o maior número posible de cambadeses e cambadesas.
Asi que, o que teño medo  a debater que quede na casa ou que vaia o pseudo debate de Tele Salnes o vindeiro 7 de maio.
NOTA DO COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA INSTANDO AS FORZAS POLITICAS A DEBATER EN SERIO E NON IR A PSEUDO DEBATES
  


Ningún comentario: