9 de maio de 2015

60 PERSOAS NO PRIMEIRO MITIN DA CANDIDATURA POLA REXENARACION DEMOCRÁTICA EN CORVILLÓN

Aspecto do mítin en Corvillón.
SOMOS CAMBADOS CELEBROU NO COLEXIO DE CORVILLÓN O SEU PRIMEIRO MITIN DA CAMPAÑA ELECTORAL
Na tarde do venres, SOMOS CAMBADOS iniciou os seus actos da campaña electoral cun mitin no Colexio Público de
TINO CORDAL
Corvillón. Interviñeron o candidato á alcaldía, Tino Cordal, o número dous da candidatura, Xurxo Charlín, e os candidatos de SOMOS CAMBADOS veciños de Corvillón, Antón Sineiro e Rita Mosteiro.
No mitin, ao que acudiron arredor de sesenta persoas, expuxéronse as principais propostas de SOMOS CAMBADOS, incluídas no seu ¨Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados¨, cuxas prioridades son Axudar ás persoas que o precisan, Impulsar a creación de emprego e Fomentar a igualdade de
oportunidades para todos os cambadeses e cambadesas.
As propostas de SOMOS CAMBADOS para defender o sector do Mar ocuparon boa parte do acto, xa que Corvillón é unha parroquia que conta con moitos mariñeiros, armadores e mariscadoras. Tamén se falou da necesidade de melloras concretas en Corvillón, en cuestións como a auga, o saneamento, o pavimento dalgunhas rúas ou a necesidades de habilitar beirarrúas e beiravías.
O mesmo venres pola mañá, o candidato á alcaldía de
XURXO CHARLIN TRIGO
SOMOS CAMBADOS, Tino Cordal, reuniuse co director do Colexio de Corvillón para coñecer de primeira man as necesidades deste centro educativo. Segundo o propio director do colexio, o máis importante por facer é un pavillón cuberto, ou a cubrición da pista polideportiva, así como a dotación ao colexio dun patio cuberto en condicións.
SOMOS CAMBADOS é unha candidatura veciñal que non depende de ningún partido político, polo que o Sseu financiamento procede exclusivamente das doazóns dos seus simpatizantes.
Un dos seus obxectivos principais é levar a honradez e a transparencia ao Concello. SOMOS CAMBADOS quere predicar co exemplo: calquera cidadán pode comprobar na súa web ata o último céntimo da procedencia dos ingresos e do destino dos gastos da nosa campaña.
SOMOS CAMBADOS invita ás demais forzas políticas a que fagan igualmente públicas as súas contas.
SOMOS CAMBADOS, desde a súa modestia, quere contribuír ao desenvolvemento do tecido comercial e industrial de Cambados; por iso gastará a totalidade do presuposto da campaña electoral en empresas cambadesas.

Ningún comentario: