9 de maio de 2015

PRATA PARA A CAMBADESA ARACELI BUGALLO E BRONCE POR EQUIPOS PARA O COMPOSTELA ESGRIMA, CLUB NO QUE MILITA.

Bo bagaxe do Compostela Esgrima no Campionato Galego de España, que se disputou en Ferrol. Unha mellada de prata para a cambadesa Araceli Bugallo
e a de bronce por equipos en masculino foron os podios logrados polos santiagueses, aos que hai que unirlle a prata de Diego Fagúndez na Liga de Miniesgrima que se celebrou
na Coruña.
O Compostela presentou un total de 17 espadistas na cita ferrolana con cinco en feminino e doce nos mozos. Na división das féminas, Araceli Bugallo acabou sendo subcampeona tras perder na final con Bea Arregui, do 100Tolos, tras duro asalto. Pola súa banda, Pía Zurita, que logrou e número 1 da fase de grupos, concluíu na quinta posición, mentres que Hakima Rei foi sexta e Tati García acabou sétima.

Ningún comentario: