9 de maio de 2015

O FILLO DO TRONO,O FILLO DE FONTÁN.

UN ARTIGO DE XAN GALBAN
Xa sei que non vou convencer a ninguén que lle caia mal Chon,nin aos de dereitas nin aos de esquerdas,pero ese non é o meu cometido neste artigo,por que Chón
é coma escesivo,sarcástico abrumador,sempre toma partido coincidas ou non con el,e está disposto a dar a cara polo que opina e levalo ás últimas consecuéncias,mesmo a dimitir,a dimitir,ese verbo que os detractores de dereitas non son quén
de conxugar,coa que lles está caíndo,demostrandoque o PP léva dende Naseiro pasando por Aznar que puxo a Bárcenas-hai papeis que xa prescribiron co delito que contíñan onde Naseiro culpa de todo a Fraga e Aznar e deixa 8 millóns de Euros ao partido que curiosamente coincide ca cifra co primeiro que apunta Bárcenas nos seus papeis 8 millóns de euros(en pesetas)-e chegando a outro "gallego" Rajoy,que dixo non saber nada,desvelárase nun futuro cando os plasmas estexan obsoletos e todo prescriba.Hai que tér arrogáncia para culpar a un dimisionário de errar nunha declaración cando eles teñen a
desvergonza de non dimitir agás a Mato.Qué dereito teñen a sinalar os que están ata o mais profundo do mar enlamados ata a merda?e isto non son argumentos de "y tú más"por que non son comparabeis uns casos con esto que estou a comentar,non son quén de dar lecións de NADA,e menos o PP de Cambados que leva 28 anos de goberno oscurantista,o mais oscuro da ría,sen lles cair a cara de vergonza senón facendo desto o seu lei-motiv de acción de goberno para favorecer intereses mais oscuros aínda.Chon defende a súa relixión a súa ideoloxía da maneira que sabe e se Xesús escolleu a Santiago e lle denominou "o fillo do trono"pola pasión e a decisión con que ensalzaba a figura do Mesías e lía as escrituras,quen son eu para xulgalo?o Mestre Mateo veu a Santiago o Maior mais á galega esculpìndoo coma un home sedente que lía a palabra de Deus no Pórtico da Gloria,así véxo a Chon nun plano personal,pero se o colledes coa defensa das mulleres e homes deste país verédelo nun cabalo branco coa espada acusando aos infieis das artimañas e hipocresía que utilizan paara só manterse no poder.A min non me fagades elexir,sempre estarei co fillo da Chonita,mentras non caia dun cabalo coma outros.
XAN GALBAN










NOTA DO ADMINISTRADOR: GRAZAS XAN. Sempre admirei Xan unha frase de Loquillo que di: "Aos nosos inimigos, porque eles nos dan a forza para continuar adiante". Unha aperta.

Ningún comentario: