9 de maio de 2015

“ÍA A CULTURAL A CLASE DE ZUMBA E ATOPEIME UN MITIN DO PP”

Iso nos dicía onte unha persoa moi enfadada cando se dispoñía a ir a clase de zumba na Sociedade Cultural e atopouse cun mitin do PP, e non lle quedou mais remedio que marchar para
non quedar a unha sesión de “El Club de la Comedia” como moi ben define nun artigo o que foi o mitin de onte na Sociedade  Cultural o blog “Cores de Cambados”. 
Na sociedade cultural, segundo nos conta a persoa en cuestión impártense clases  os luns e os venres de 20.45 a 21.45 h. desta modalidade  de danza-deportiva para o cal pagan unha cantidade os socios e outra maior os
que non son socios. É a modalidade, ao parecer , que mais xente está levando a Cultural , máis de 80 persoas, as cales a maioría delas non foron avisadas que  onte se celebraba o mitin en cuestión.
Tamén lle gustaría saber a algúns socios canto realmente pagou, se pagou , o Partido Popular pola celebración do mitin porque hai quen sospeita que foi de “jratís”.
FOTOS: FARO DE VIGO E A TI MEU CAMBADOS.

Ningún comentario: