29 de maio de 2015

CONCERTO BENEFICO DE “NOITE FECHADA”

A PROL DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS O VINDEIRO 12 DE XUÑO EN FLOR DE LOTO.
O vindeiro 12 de Xuño sobre as 11.30 da
noiteno local Flor de Loto sito na Rua Os Pazos Nº 4 de Cambados terá lugar un concerto benefico a cargo do grupo
cambadés “Noite Fechada” a prol do Refuxio de Animais de Cambados. Os que queirades asistir xa podedes  retirar as entradas no local ao módico prezo de 3 €. De todos os xeitos se queredes colaborar ainda que non poidades vir ao concerto, podedes
deixar a donación do local.
Noite Fechada nace dunha coña o 9 de decembro de 2012, dun cachondeo entre Matías, Carmelo e Gustavo un domingo de resaca no Encontro, e como non podía ser doutra maneira, tratamos de contar calquera carallada que nos pasa ou se nos ocorre en clave de cachondeo. Empregamos o noso ghallegho típico para versionar (ou máis ben violar…) coñecidos temas que sempre tiran cara o rock. 
NOITE FECHADA son: 
Gustavo Rey, baixo
Bruno Canario, bateria
Carmelo Abollo, guitarra e voz
Matías Leiro guitarra e voz





Ningún comentario: