30 de maio de 2015

ENTREVISTA A ALVARO RODRIGUEZ NUÑEZ, AVOGADO, DOUTOR EN CIENCIA POLÍTICA E ESCRITOR: “FATIMA ABAL DEBE SER A ALCALDESA DE CAMBADOS. FATIMA, JOSE RAMON, VICTOR, E TINO, PERSOAS PREPARADAS, SON OS QUE PODEN POÑER A CAMBADOS NO SECULO XXI."

FOI CONCELLEIRO POR INDEPENDENTES CON CAMBADOS CANDIDATURA NA QUE ESTABA O PAI DE JOSÉ RAMÓN ABAL VARELA.
Tiñamos gañas de entrevistar a Alvaro Rodriguez Núñez, un deses cambadeses no que case ninguén repara e non deixa de ser unha das persoas máis prestixiosas do noso
pobo. Alvaro naceu en Cambados no ano 1972, cursou a EXB en Vilariño e o bacharelato no IES Ramón Cabanillas de Cambados, é licenciado en dereito, avogado en exercicio, doutor en ciencia política pola Universidade de Santiago de Compostela, con despacho aberto ao
público en Vilagarcía de Arousa, as súas principais afeccións son a lectura (teoría política/filosofía/historia contemporánea), a floristeria/xardinería e nos derradeiros des ano escribir. Como vos dicía un cambadés destinguido.

1ª.- "La legitimación política del franquismo. De la II
República a la instauración de la democracia en España", é a túa primeira incursión no mundo da literatura?
-Si. Mais que na literatura, na teoría política. Antes xa tiña publicado diferentes estudos en revistas de Teoría Política. É o primeiro libro.
2º.- Porque escolliches teorizar sobre o Franquismo neste libro?
-A tese doutoral no departamento de Ciencia Política da USC, fíxena en “Procesos Políticos Contemporáneos”. A ditadura franquista, a mais larga da historia de España, determinou o carácter da actual democracia, e por elo, fixen a tese nese tema. Certamente é un tema difícil, (o profesor Bastos Boubeta sempre mo advertiu), pero como eu son un pouco contracorrente, fíxena sobre ese tema.
Queiran algúns, ou non querían, da igual, o Franquismo é un feito político e debemos estudalo. E o noso pasado político.
3º.- Porque consideras que o debate sobre a política do réxime ditatorial de Franco aínda non está resolto teoricamente.
-Porque moito do publicado sobre a cuestión obedece a plantexamentos partidistas, e non a criterios académicos. Iso e normal na vida cultural, en España y en calquer sitio que se sae dunha ditadura . Os protagonistas da ultima etapa seguen vivos, (SM Juan Carlos I, Felipe Gonzalez, Alfonso Guerra, Miguel Roca, Jordi Puyoll, etc, etc.) Entón se impoñen os intereses do inmediato, sobre os intereses do mundo académico. Pero iso tamén e temporal. Se acabara estudando como o que é. Un proceso político que sucedeu, e que e parte do noso bagaxe cultural. E sen entrar en cuestión axiolóxicas.
3.- Vexo que catalogas a subida de Franco ao Poder como o que realmente foi un golpe de estado, entendes os que din e dicían que foi un cambio de rexime para salvar a España?.
-Foi un golpe de estado que fracasou, e coa entrega das armas os afiliados dos partidos revolucionarios da época (PCE, PSOE de Largo Caballero, POUM), e os sindicatos da época, CNT e UXT, desencadeou a guerra.
“Salvar a España”, ven dicindo, salvar os intereses das clases dominantes da época: terratenentes, bancos, Igrexa, inversións inglesas, francesas e norteamericanas en España. Por elo se pode dicir que foi unha reacción catonista. Salvar España era salvar os seus intereses económicos.
4º.- Este libro ven a ser a plasmación da túa tese doutoral en Ciencias Políticas, tes pensado seguir escribindo?.
-Si. En breve salirá a segunda publicación. CONTRA LA OLIGARQUÍA Y EL CACIQUISMO DEL SIGLO
XXI. EL PENSAMIENTO POLITICO DE GONZALO FERNANDEZ DE LA MORA. Nel se analiza o pensamento do teórico Gonzalo Fernandez de la Mora, en relación co actual sistema político, a II Restauración na constitución actual. Especialmente se analiza a natureza da oligarquía partitocratica actual (hasta hoxe polo menos). O que Iñigo Errejon e Pablo Iglesias chaman “Casta”. A existencia da casta esta na natureza da Constitución actual, no seu ADN.
5º.- Como vai a propagación do libro, en que librerías o podemos atopar en Cambados?.
-Ben. O editor dime que ben, e que se esta esgotando. Os temas de distribución non sei. E tema da editorial. Se pode comprar tamén en calquer portal, como Amazón, Casa del Libro, etc.
“FATIMA ABAL DEBE SER A ALCALDESA DE CAMBADOS. FATIMA, JOSE RAMON, VICTOR, E TINO, PERSOAS PREPARADAS, SON OS QUE PODEN POÑER A CAMBADOS NO SECULO XXI."
6º.- Pódese dicir que a túa profesión é a de avogado e túa
Alvaro con Ramon Abal, pai de
José Ramón Abal Varela.
vocación e a política ou xa deixaches totalmente de lado?.
-Cando era concelleiro en Cambados comecei a realizar a tese. E remateina, defendina ante o tribunal académico, en marzo de 2014. Fixen a tese en ciencia política porque e un tema que me atrae, vocacional.
O tema da política de partido, presentarse en listas as eleccións etc, etc, deixeino de lado nestes anos polo anterior. A tese doutoral ocupaba moito tempo, e por cuestións varias. Non hai tempo para todo. E como dí a canción de Julio Iglesias, “al final, las cosas
quedan los hombres se van, otros que vienen las
continuaran…”.
7º.- Por certo como un home como ti do rural ( e no dicimos en sentido pexorativo nin moitísimo menos)
en vez de meterse enxeñeiro agrónomo ou Enólogo, déuselle polo dereito?.
-Encántame a natureza, é certo. E estar coa terra. Os fins de semana os dedico a coidar un xardín grande e fermoso que plantei. Estudei dereito porque me gustaba, e tamén por a cuestión profesional. Pero son de letras. A enxeñería etc, non é o meu.
8º.- Como home instruído que és doute por sabido dos resultados das eleccións na túa vila Cambados, dime a túa opinión sobre os mesmos:
-Os cidadáns de Cambados decidiron tres cuestións:
1ª.- Os cidadáns queren, por maioría absoluta, un novo
goberno. 4.321 votaron por un novo goberno,
fronte a 3.704 que votou polo anterior goberno municipal derrotado. PSOE, BNG, e Somos Cambados tiveron 3.866 votos de cidadáns, fronte os 3.704 do PP, o goberno derrotado. O PP foi derrotado. Perdeu un 30% do electorado.
2ª.- Os cidadáns queren gobernos de coalicións. O goberno anterior si quere seguir, a pesar da súa derrota, ten que pactar. Os cidadáns queren Gobernos de Coalición.
3ª.- Os cidadáns decidiron ter dous partidos novos. SOMOS CAMBADOS, encabezado por Tino Cordal Rodriguez, un gañador da eleccións, xa que de 0, cero votos, pasa a 1.162, un éxito total. E tamén queren ter a CAMBADOS PODE, encabezado por Jose Ramon Abal Varela. É o outro gañador das eleccións. Ambos son gañadores (en diferente entidade), por ser os que entraron no concello. O PSOE e BNG, xa sabemos que están aí.
O gran perdedor e o PP. 30% de votos que lle deron a as costas a súa política.
9.- Ti que fuches concelleiro por Independentes por Cambados candidatura na que figurou Ramón Abal , pai de José Ramón Abal Varela concelleiro electo de Cambados Pode, quen crees que vai gobernar en Cambados a partir do 13 de xuño?.
-Dúas cousas. CAMBADOS PODE Deciden a quen poñen de alcalde. Ese e o seu gran éxito. Con todo en contra nas eleccións, sacaron 455 votos. Cambados Pode e Jose Ramon Abal varela, deciden o futuro goberno. E un éxito para a súa candidatura e para Jose Ramon Abal Varela. Teño que felicitalo e darlle os meus parabéns. Foi un éxito total.
A min gustaríame que se avanzara en Cambados. Gustaríame ter un goberno con xente preparada, como Jose Ramon Abal, Fatima Abal, Victor e Tino.
10.- Si a ti como concelleiro que fuches da Corporación cambadesa se che houbera dado esta situación en que lado te alienarías.
-O PP a oposición. Cando saín concelleiro, case se da a situación, pero, pero, por 30 votos o PP mantivo a maioría. O PP desa tivo moita sorte.
O que tiñamos decidido os independentes, era: 1º. Convocar unha reunión do partido, e a través do voto secreto de tódolos independentes, decidir con quen pactar.
Eu era partidario de sacar o PP do concello. A miña opinión era apoiar a un goberno de PSOE e BNG.
E penso que a maioría tamén. Pero si os do partido decidían outra cousa, estaba claro que o Alcalde do PP non podía ser Tourís. O que estaba claro e que o alcalde perdedor non podía seguir sendo alcalde.
En resumen, Eu votaría por un goberno de coalición BNG-PSOE. Pero iso tíñao que decidir os independentes en asemblea., e por voto secreto. I eu, tiña que acatar o que se decidira. A miña opinión era coñecida dentro dos independentes. Eu faría o que decidira a maioría.
11.-Si de prosperar as negociacións e o cuadripartito vai adiante, veslle futuro?.
-Si. Por suposto. Seria o natural e lóxico. A madurez democrática de Cambados e unha realidade. Os cidadáns decidírono. E os concelleiros don novo goberno deben reflexionar sobre elo.
Dona Fatima Abal debe ser a alcaldesa de Cambados. Fatima, Jose Ramon, Victor, e Tino, persoas preparadas, son os que poden poñer a Cambados no seculo XXI.
-Se queres dicir algo mais non te cortes.
-Tres cousas:
As elección xa acabaron, e tódolos concelleiros son iguales, e teñen a mesma lexitimidade. O pasado, pasado esta. Agora o tema e o presente. A vida privada das persoas a neguen lle importa.
Madrid, Barcelona, A Coruña, Lugo, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela. No Salnés, en Arousa, O Grove, Ribadumia, Vilagarcía, Barro, e tal vez Sanxenxo. Cambados esta nos novos tempos políticos.
As miñas felicitacións e parabéns polo éxito para Fatima Abal, Jose Ramon Abal, para Tino, e Victor.
Como vedes un home interesante este Alvaro Rodriguez, sorte no que faga na súa vida.

Ningún comentario: