26 de maio de 2015

ESCRITO DE RECTIFICACIÓN ENVIADO A ESTE BLOG POR BENITO LEIRO CONDE XEFE DE PRENSA DO CONCELLO DE CAMBADOS

Foto: A Voz de Galicia.
O XEFE DE PRENSA DO CONCELLO DE CAMBADOS NON CUBRE MÍTINS DO PP NIN COBRA HORAS EXTRA
      Ao administrador do blog A Ti Meu Cambados.
      Amparándome na Lei Orgánica 2/1984, de 26 de marzo, reguladora do Dereito de Rectificación, ínstolle a publicación íntegra deste escrito que desminte completamente
a información falsa, publicada nese blog o pasado 17 de maio, na que me alude baixo o título: “COBRA O XEFE DE PRENSA DO CONCELLO DE CAMBADOS POR CUBRIR OS MÍTINS DO PP?”     
      1º.- A “noticia” está pragada de falsedades e insinuacións calumniosas que buscan causar un dano moral grave á persoa, así como un descrédito da imaxe pública e da ética profesional do que suscribe, responsable do Gabinete de Comunicación (“xefe de prensa”) do Concello de Cambados dende hai 14 anos.   
      2º.- É totalmente falso que o responsable do Gabinete de Comunicación (“xefe de prensa”) do Concello de Cambados cubra informativamente os mítins electorais do Partido Popular, como se afirma na falsa información publicada con especial relevancia no blog A Ti Meu Cambados.   
      3º.- É totalmente falso que o responsable do mesmo Gabinete de Comunicación (“xefe de prensa”) teña relación algunha coa páxina web do alcalde e candidato á Alcaldía, Luis Aragunde, como se indica no antedito blog.     
      4º.- É totalmente falso que o responsable do Gabinete de Comunicación do Concello cobre horas extra por cubrir os mítins do PP, como insinúa maliciosa e calumniosamente o blog. É máis: non cobra horas extra nin por este nin por calqueira outro concepto, como acreditará no seu momento a Intervención Municipal.  
      5º.- É totalmente falso que o responsable do Gabinete de Comunicación do Concello (“xefe de prensa”) sexa protagonista de “escándalo” ou “falcatruada” algunha, nin partícipe de “feitos” que “alguén da oposición debía denunciar”, nin moito menos que interveña en “cousas que son totalmente ilegais”, como suliña maliciosamente o blog.  
      O cumprimento do Dereito de Rectificación non exclúe posibles futuras demandas por danos morais, ou mesmo querelas por inxurias e calumnias ou calqueira outro concepto legal derivado do acoso “informativo” difamatorio ó que me somete este blog, sobre todo dende hai 2 anos a esta parte.
      Asdo. Benito Leiro Conde
Responsable do Gabinete de Comunicación do                       Concello de Cambados
22-05-2015



NOTA DO ADMINISTRADOR DO BLOG:
Esta nota do xefe de prensa ven a colación da nova que podedes ver premendo AQUI.
Para que vexa o Xr. Xefe de Prensa que este blog é un blog democrático,  non se pode dicir o mesmo da páxina web do Concello de Cambados,  publicamos a súa nota pero aclaramos o seguinte:
1º.- Como cargo público que é o xefe de prensa,  e cobra dos cambadeses,  esta suxeito a crítica e a fiscalización tanto do seu traballlo como das súas actividades públicas.
2º.- Calumnia é a acusación o imputación feita contra algúen coa intención de cuaserlle daño ou prexudicarlle, en ningún momento na noticia non se afirma nada , estáse a preguntar pola presenza, cando menos rara,  e condicións da mesma do xefe de prensa en dous mitíns, polo menos, do Partido Popular. O artigo 205 do Código Penal define calumnia como a imputación dun delito feito con coñecemento da súa falsidade ou temerario desprezo a verdade. En ningún momento neste blog se acusou de ningún delito o Sr. Xefe de Prensa do Concello de Cambados.
3º.- É un feito indiscutibel que o Xefe de Prensa do Concello de Cambados estaba en dous mitins,  a lo menos do Partido Popular,  é raro que estivera como espectador pois el non vota en Cambados senón en Vilanova, e o mais lóxico e que se estaba no mitin seria para facer o seu traballo, informar.



4º.- Define escándalo o diciconario como dito ou feito que causa gran asombro ou indignación, especialmente por consideralo contrario a moral é as convencións sociais, e esto foi precisamente o que lle causou a súa presencia  en dous mitins dun partido politico o administrador deste blog e a moita xente de Cambados.
5ª.- Define falcatruada o diccionario como mala acción ou torpeza, e o que foi para este administrador e moitos cambadeses a súa presencia en varios mitíns do PP.
6º.- Confunde Vde difamación con fiscalización Sr. Leiro, Vdes como cargo público está xuxeito a criticas e a fiscalización dos cidadáns cambadeses que lle pagamos o seu soldo.
7º.- Di Vde que este blog leva dous anos difamando a súa persoa , este blog ofreceulle en mais dunha ocasión facer uso do dereito de contestación e en ningún caso quiso facer uso do mesmo.  Xa so faltaria que desmintira tamén Vde a súa presenza nos mitíns.
Sen mais.



Ningún comentario: