26 de maio de 2015

GRAVES ACUSACIÓNS DE “CAMBADOS PODE” AO PARTIDO POPULAR:

“MEMBROS DO NOSO PARTIDO POLITICO ESTÁN A SUFRIR AMEAZAS PARA QUE FAGAMOS A COALICIÓN CO PP”.
FATIMA ABAL  INICIA CONTACTOS PARA FORMAR O CUATRIPARTITO
No facebook de “Cambados Pode”  hoxe a mañá publicouse unha durisima e gravísima nota da formación que é chave para acadar a Alcaldía en Cambados, a nota de facebook completa di: 
“Dende Cambados Pode queremos denunciar que alguns
miembros do noso partido politico estan a sufrir amenazas anonimas para que fagamos a coaliccion co Partido Popular, tan valientes que nin a cara dan. Dende aqui queremos facer publica tales fechorias para que a xente de Cambados vexan a clase que teñen no Partido Popular cas suas artimañas para gañar a alcaldia, dende aqui decirlles tamen que con amenzas con nos non van a poder, que vivimos nun pais libre, democratico e NOS E SOLAMENENTE NOS tomaremos a decision que vexamos mais correcta para o noso pueblo, non nos van amedrentar, nos seguimos na loita, porque ¡ Cambados Pode !”
Si é certo o que denuncia "Cambados Pode" estamos perante un caso claro de "mafia politica".
FATIMA ABAL  INCIA CONTACTOS PARA FORMAR O CUATRIPARTIDO
Hoxe o Faro de Vigo anuncia que o cuatripartito está en negociacións e así o diario di que “Sexa como for, a candidata á Alcaldía polo PSOE, Fátima Abal iniciou onte os contactos con outras formacións políticas co obxectivo de formar un cuadripartito que lle permita dirixir o Concello. De logralo contaría con tres concejalías, as mesmas que o BNG (que ten menos votos), por dous de Somos Cambados, e unha de Cambados Pode. O PP iríase á oposición pese a ser a lista máis votada con moita diferenza e obter oito concelleiros.
Pero entre os partidos de esquerda hai un enorme desexo de
Foto: A Voz de Galicia.
cambio político en Cambados. Un cambio que ven ao alcance da man por primeira vez en case tres décadas. Así, o PSOE e o BNG difundiron onte senllos comunicados de prensa, e Somos Cambados colgou no seu perfil de Facebook un escrito. Nos tres coinciden nunha idea básica: consideran que chegou o momento de darlle un cambio de rumbo de 180 grados ao Concello de Cambados.”


Ningún comentario: