22 de maio de 2015

EXCLUSIVA: AS VERDADEIRAS RAZÓNS DO NERVIOSISMO DO PP (1)

Fontes da máis absoluta solvencia e da nosa máxima confianza infórmanos desde dentro do equipo electoral do PP que existe moita preocupación entre os populares polo resultado das eleccións,
entre outras cousas porque, como temían, a xente non está moi receptiva con eles e ademáis están sorprendidos polo
rechazo que provoca o partido cando lles van entregar os votos. As causas dese frialdade serían principalmente dúas: os continuos escándalos de corrupción que asolan a este partido e a perda de imaxe de  Aragunde, detectada sobre todo no casco
urbano, a quen moita xente vía como alguén distinto ás maneiras un tanto “caciquís” de Tourís pero que na realidade actúa de xeito moi semellante. A nosa fonte non nos facilitou os datos que manexa o PP de Cambados, pero agardan un forte retroceso en todo o municipio, sobre todo no casco urbano.
Temen pola perda da maioría absoluta.

Esta preocupación pola perda de apoio vén de lonxe. Hai xusto un ano os populares víronlle as orellas ao lobo. Nas últimas eleccións celebradas, as europeas do pasado 25 de maio, o PP de Cambados conseguiu o seu peor resultado dos últimos 30 anos, ao obter o 42 % dos votos (retrocederon máis de 15 puntos con
respecto ás anteriores europeas). Con esta porcentaxe perderían a maioría absoluta nunhas eleccións locais.

Apenas un mes despois, Luis Aragunde enfrontouse a outra dura realidade. Nas eleccións á Confraría foi  porta a porta pedindo o voto para o candidato do PP, Benito González, como se fose para el mesmo. Os resultados son coñecidos: o candidato polo que Aragunde fixo unha intensa campaña colleitou 4 representantes no Cabildo, e a candidatura da “Rexenderación Democrática” obtivo 20. A súa  implicación
na campaña fixo que Aragunde asumise a derrota como propia.

Volvendo á campaña electoral actual. A pérdida de apoios comprobouna o PP na asistencia aos seus mitins nas parroquias, sendo moito menor que a doutros anos a pesar de que nas súas informacións destaquen precisamente o contrario (abonda con ver as imaxes para saber que onde din ”máis de 150 asistentes” a realidade é que non chegan a 70). 

Outro elemento de preocupación entre os populares é que desapareceu a unidade interna: rebélanse incluso os propios traballadores do concello que eles mesmo colocaron, cousa impensable hai só un par de anos. Recordemos que hai dúas semanas chegaron a denunciar no xulgado ao concello polas prácticas caciquís de Aragunde ao conceder sobresoldos aos
traballadores municipais máis afíns. 

Nun intento desesperado por movilizar ao seu electorado, programaron un mitin de peche de campaña que finalmente se celebrará na Cultural. Por medo a non encher, intentaron ata o último segundo celebralo nun recinto máis pequeno pero xa estaba reservado. No mitin de presentación da candidatura (coa presencia de Feijoo, a ministra e o presidente da Deputación) costoulles encher o aforo a pesar de ser un mitin comarcal que contou coa presencia de moita xente chegada
de concellos veciños. Para o mitin de peche de campaña, Aragunde está chamando insistentemente aos concellos do PP da comarca para que traian xente dos seus municipios. A maioría deles, que non contan con ter problemas para revalidar a maioría nos seus concellos, xa lles garantizaron unha nutrida presencia de vecinos para que Aragunde teña unha imaxe da Cultural abarratada de xente. Haberá que ver cantos son de Cambados e cantos veñen de fóra.

Mañá venres publicaremos a segunda e última entrega desta exclusiva.



Ningún comentario: