21 de maio de 2015

HOXE VICTOR CAAMAÑO NON DIXO TODA A VERDADE EN DIARIO DE AROUSA

PARA ENTRAR COMO CONCELLEIRO NO BNG CHON PUXO COMO CONDICIÓN QUE ÍA A CONTINUAR CO BLOG, E ISTO FOI ACEPTADO POR MONTSE PRADO E VICTOR CAAMAÑO.
A veces un está canso de que se digan verdades a medias ou que se deixen entrever cousas que un non pode deixar pasar.
Hoxe Victor Caamaño no Diario de Arousa non dixo toda a verdade, ollo non digo que mentira, pero non dixo toda a verdade. Lucia Romero a reporteira de Diario de Arosa “moi lista” ela fíxolle a seguinte  pregunta que ademais era o titular da entrevista a Victor:
"-A marcha do concelleiro Xaquín Charlín por chamar “Chochito de ouro” á vicepresidenta foi unha saída moi
soada do Bloque, incluso a nivel nacional. Cre que se cometeu un erro á hora de elixilo?
-Non, ademais é difícil prever as cousas. En todo caso, recoñeceu que non estivo acertado e tomou a decisión de dimitir. Era difícil combinar a actuación persoal e a de concelleiro, pero foi un exemplo a nivel Bloque: cando erras debes actuar en consecuencia. O traballo anterior e posterior á súa marcha na Corporación foi o mesmo."

Ben estÁ  que os que seguides este blog saibades toda a verdade:
1º.- Eu non pedín ir nas listas do BNG, viñeron Victor e Montse a buscarme, a quen por certo como San Pedro negueinos  ate tres veces.
2º.- Unha das condicións que puxen para ir na lista foi
que o blog, cuxa liña editorial era coñecida de sobra  polos meus interlocutores a deputada Montse Prado e  Victor Caamaño, ía a continuar senón non ía na candidatura,  e accederon sen ningún problema a que continuara co blog, incluso me animaron a que o seguira facendo.
3º.- Eu dimitín si é certo,  pero despois de moita presión e varias chamadas o meu centro de traballo dunha tal Goretti Sanmartin daquela encargada da política municipal do BNG, quen nunha das chamadas díxome “Xaquín non sabes o favor que nos farías se dimitiras, todos os colectivos feministas do BNG están a pedir a túa dimisión". Lémbrome que era un saída de garda cando mais traballo tes, a final cansado de tantas chamadas que estaban a entorpecer o meu traballo,  cedín e dimitín, si sei o que sei hoxe non dimito, e continuo como concelleiro.
 As outras dúas condicións que puxen direinas cando escribas as miñas memorias, se chego a escribilas.
Ou sexa que está ben que os cambadeses saiban toda a verdade, e de verdade que sinto dicir isto porque Victor e das poucas persoas que valen a pena dentro do BNG, pero tamén penso que se equivocou indo un terceira vez  como candidato tiñan que dar a cara algún peso forte do partido como por exemplo Montse Prado que nunca foi candidata a Alcaldía.
XAQUIN CHARLIN "CHON"

Ningún comentario: