20 de maio de 2015

MONCHO, NO TEU CUARTO ANIVERSARIO, VOUCHE DAR UNHA BOA NOVA.

O TEU FILLO MATIAS VAI SER DIRECTIVO DO CAMBADOS
Ola Moncho, xa van ala catro anos sen ti, pero que saibas que moitos lembrámonos como se fora a o primeiro día. Canto te botamos de menos tanto no eido futbolístico como no político, pero hoxe non quero estar triste e
coido que ti dende onde esteas, taménte vas alegrar, pois o teu fillo Matias, de quen estabas tan orgulloso vai ser directivo do Cambados. O mando de Sergio expira, e el na compaña de grandes amigos seus e que ti tan ben coñecias,  como Jhon Rios, Ruben Alvarez,
Foto: La Voz de Galicia.
Ramón Gómez, Pablo Andrade , Pablo Charlin, Popi, Jorge Horro, Pablo Andrade , José Hermida e outros que sumaran a este equipo, teñen un proxecto mais ou menos viable para coller o club, ese club que ti tanto amabas e querías, para volver a poñelo no sitio que por categoría e entidade lle corresponde. Como dicía o teu benquerido amigo Richar estes días nun artigo periodístico,  non é hora de mirar para atrás, e hora de mirar o futuro e coller ese Cambados que non
Moncho co inseparable Jesus,
sempre se disfrazaba no Entroido.
estaba na segunda autonómica (antigas Rias Baixas) dende o ano 1964 e subilo ate onde se poida. A mocidade normalmente xenera inexperiencia pero eles vana suplir con gañas e estudos pois están moi preparados, temos un Master en Finanzas, como ben sabes o teu fillo Matias, un graduado en dereito, etc. Estou seguro de que lle pediron consello a Richar e este non dubido que llo dera, tamén o presidente actual neste caso vai botar unha man adiantando as eleccións e deixándolle mais tempo para traballar,  e mañá despídese no programa de Carlos Vieites en Arousa Si Radio Salnés. Estou

seguro que lle vai saír ben,  porque o teu espírito vai estar "merodeando" por Burgans e vaslle botar unha man no que faga falta. Moncho este cuarto aniversario non é tan triste como os anteriores,  tes relevo no C.J.Cambados, estou seguro de que Matias e os seus colegas vano facer moi ben, superarte  é difícil pero vai poñer toda súa vontade no intento. De política Moncho , mellor nin che comento.  O meu recordo e a miña admiración. 
XAQUÍN CHARLIN “CHON”.

Ningún comentario: