20 de maio de 2015

PODEMOS CAMBADOS DENUNCIA PUBLICAMENTE A BURDA IMITACION DE "CAMBADOS PODE"

PODEMOS NUNCA FARÍA UN MITIN CON COMILONA, GRUPO MUSICAL, NIN REGALOS SORPRESA HABENDO EN CAMBADOS 1500 VECIÑOS EN DESEMPREGO, COMO FIXO “CAMBADOS PODE”
Dende o círculo de Podemos Cambados xa explicamos nalgunha ocasión que, tal e como se decidiu por votación na
PODEMOS CAMBADOS
asemblea estatal “Si Se Puede” celebrada en Madrid a finais do ano pasado, Podemos NON SE PRESENTA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPÁIS. Esta decisión tomábase por moitas razóns, sendo unha das principais a necesidade de confluír con todos os sectores da sociedade civil que existían máis aló de Podemos.
ISTO É OUTRA COUSA
Explicado isto, aos membros do círculo Podemos Cambados gustaríanos aclarar a situación na que se encontra a candidatura coñecida có nome de "Cambados Pode". Son moitos os veciños que estes días aínda nos preguntan, confundidos, se esa candidatura con un nome tan parecido ó noso, que emprega
unhas cores no seu logo e nos seus carteis tan parecidas ás nosas, ten algo que ver con Podemos. Non sabemos se ese nome tan parecido e esa estética similar á nosa foron elixidas intencionadamente para enganar aos veciños de Cambados ou se é solo una desafortunada coincidencia (a experiencia dinos que en política ás
coincidencias rara vez existen e moito menos en Cambados...), pero dende o círculo de Cambados queremos facer as seguintes aclaracións:
1-Podemos Cambados NON TEN NADA QUE VER CÓ PARTIDO POLÍTICO "CAMBADOS
PODE". A sensación que temos os que participamos no círculo de Cambados é que están a utilizar ese nome para enganar aos veciños. Os membros dese partido NUNCA PARTICIPARON EN NINGUHA DAS NOSAS ASAMBLEAS nin se reuniron en ningún momento con
nós. "CAMBADOS PODE" NON TEN NADA QUE VER CON PODEMOS.
2-Ademáis de esta buscada ambigüidade para facer pasar por Podemos o que non o é, os cambadeses que de verdade traballamos polo cambio que representa Podemos, queremos denunciar as prácticas escuras,
continuadoras dos peores vicios da vella política, que están a protagonizar o candidato de "Cambados Pode" xunto con outros impulsores dese partido. Nos respectamos a participación en política de todo o mundo, teña as ideas que teña, pero o que non imos consentir nin
por un segundo é que se intente desprestixar á nosa organización ou que se engane á xente poñéndonos de escusa. Podemos NUNCA FARÍA UN MITIN CON COMILONA, GRUPO MUSICAL, NIN REGALOS SORPRESA HABENDO EN CAMBADOS 1500 VECIÑOS EN DESEMPREGO, nin tampouco escollería de candidato e represéntate dos seus veciños a unha persoa que fuxe dun control policial e que se lanza á política do mesmo xeito que outros abordan un barco, cun coitelo entre os dentes e un parche no ollo. Nos non empregamos a política para medrar económica nin profesionalmente.
Como dicía fai uns días o noso secretario xeral Pablo Iglesias, "os gatos gobernan para os gatos", os sinvergonzas gobernan para eles e os que son coma eles. Da igual que se presente polo Partido Popular, por Independentes por Vilariño ou por calquera outra tapadeira, se ten o mesmo cheiro podemos estar ben seguros do que é."
Xano Fariña, Secretario do Circulo de Podemos Cambados. 
En Cambados, a 20 de maio de 2015.








fotos: FACEBOOK.

1 comentario:

MANUEL dixo...

Se lle cambiamos a letra primeira deixándo a palabra como lle gusta o facha que retirado segue chupando da teta,(a bos entendedores sobran palabras)teríamos a definición correcta de un grupo de persoas que fan de " divide e vencerás" unha escapatoria do voto de algún que outro despistado. Debido a incursión de novas forzas políticas na loita por gobernar e o espectacular aumento de noticias da corrupción ( non esquencer que ainda queda moita merda tapada) o medo a perder o control é tal que faise o que sexa para intentar evitar o descalabro. ¿ Vos imaxinades unha boa auditoría nos, hasta agora, feudos do PP? Eu sintome totalmente incrédulo ante o que está a sair nos medios , cas gravacións contando cartos ou repartindo comisiós, non podo pensar que a xente que se mete en política o faga ca misión de enriquecerse e axudar a facelo os seus coleguillas. Comprendo e entendo a debilidade humán, pero ante eso están os supostos controis políticos, fiscais e xurídicos que deben ser garantes de un pobo. Cando falla algún eslabón da cadea xurde o cachondeo puro e duro, e estes "polítiquillos"( aforados, non vaya a ser...)sintense protexidos polo sistema, o seu sistema. Hai que buscar aire novo, esto cheira.