22 de maio de 2015

EXCLUSIVA: A VERDADEIRA RAZÓN DO NERVIOSISMO DO PP (e II)

COMENDO A CONTA DOS
CA,BADESES
Seguimos coa información facilitada onte procedente de fontes da máis absoluta solvencia e da nosa máxima confianza. 
A pesar de ser conscientes da súa pérdida de apoios, antes do inicio da
campaña o PP estaba confiado na victoria pola ausencia dunha alternativa forte en Cambados. De feito, esa confianza aumentou ao coñecer as listas electorais dos partidos
tradicionais da oposición. Do PSOE cren que  Fátima é unha rapaza combativa pero carente de equipo para asumir a responsabilidade de goberno. Aseguran  que a súa lista é das máis frouxas que presentou o PSOE nunhas municipais, apreciación compartida por moitos cambadeses. Do BNG cren que
é un partido en continuo declive electoral e que lle costará movilizar ao seu electorado, a pesar de recoñecer que Caamaño é unha persoa dialogante, aínda que carente do gancho necesario para atraer votantes de fóra do círculo do Bloque. 
Coa candidatura de Vilariño (Cambados Pode) están preocupados porque a súa campaña céntrase en pedir o voto casa por casa alí onde
teñen máis presencia, sobre todo na súa parroquia. Calculan que lles poden quitar arredor de 300 votos que non serán suficientes para conseguir representación. A pesar dos líos xudiciais do seu candidato, o que lles preocupa é que se trata dunha candidatura feita con familias afíns ao PP.
A candidatura de SOMOS CAMBADOS colleu
ao PP co pe cambiado, pois non esperaban que collera tanta forza. De feito, eles mesmos están sorprendidos da corrente de simpatía que está despertando esta candidatura e do medre continuo dos seus apoios. O que máis preocupa ao  PP é o éxito que están tendo nos mitins das parroquias. Reunir a maís de
medio cento de veciños en cada mitin  parroquial é moi meritorio para un un partido da oposción. En  Vilariño, por exemplo o PP reuníu a 70 veciños no seu mitin e SOMOS CAMBADOS a 55. Hai que ter en conta que os partidos tradicionais da oposición case se pode dicir que renuncian ao voto dos veciños das parroquias: O BNG estivo a piques de suspender algúns mitins por falta de asistencia e o PSOE xa nin os celebra.
Con este panorama, no equipo electoral de Aragunde non saben que facer para frenar a SOMOS CAMBADOS. A pesar dos seus escasos medios materiais, están sendo, con diferencia, os que están facendo a mellor campaña, e iso tamén é recoñecido por PSOE e BNG.
A pesar do silenciamento dos medios de comunicación (TV Salnés non os invitou ao debate, non entrevistou ao candidato, nin cubriu ningún dos seus actos; e a prensa escrita apenas dedica un par de liñas aos seus comunicados), a súa enorme movilización nas redes sociais está suplindo con creces esas carencias. De feito no staff electoral do PP pensan que o éxito do video de SOMOS CAMBADOS sobre o carrexo dos vellos do asilo, que en apenas 48 horas superou as 4.500 visualizacións, pode conseguir movilizar á xente máis afastada da política e que habitualmente non acude a votar. 
O extraordinario impacto que está obtendo este video provoca moito medo nos populares, xa que prevén que teña repercusión no resultado do domingo. Hai quen pensa dentro do PP que lles pode costar a perda da maioría.
O nerviosismo chega a tal punto que incluso acusan a SOMOS CAMBADOS de manipuladores, cando o que se ve claramente no video é que son eles os que manipulan a vontade, e o voto, dos residentes no asilo. 
Como xa comentamos na primeira entrega desta exclusiva, o PP programou o mitin de hoxe para demostrar a súa forza, despois de conseguir unha escasa afluencia de xente nas parroquias, o seu tradicional bastión electoral. Para conseguir encher a Cultural Aragunde non dubidou en buscar o apoio dos concellos da comarca. Moitos alcaldes garantizáronlle a presencia de numerosos veciños para que Aragunde poida ter a foto que buscaba dunha Cultural chea. Haberá que ver cantos son de Cambados e cantos veñen doutros conellos.

Ningún comentario: