22 de maio de 2015

LUIS ARAGUNDE: “SOMOS CAMBADOS É BASURA”.

PERANTE OS INSULTOS DO PP E DE LUIS ARAGUNDE A SOMOS CAMBADOS A FORMACIÓN PIDE OS CAMBADESES UN CHAMAMENTO A CONVIVENCIA.
A IRRUPCIÓN DE SOMOS CAMBADOS COMO ALTERNATIVA DE GOBERNO PROVOCA OS INSULTOS ALOCADOS DO PP
Cando a campaña electoral chega ao seu fin,SOMOS
CAMBADOS quere agradecer o apoio entusiasta que está recibindo por parte dos nosos veciños. Ese apoio, crecente día a día, converte a SOMOS CAMBADOS na alternativa de goberno dun número cada vez maior de cambadeses.
A pesar dos escasos medios materiais cos que conta SOMOS CAMBADOS, todos eles financiados exclusivamente coas doazóns de amigos e simpatizantes e sen ningunha axuda externa de Santiago ou Madrid, a súa candidatura está a espertar unha gran expectación, como o demostra a asistencia aos nosos actos, no rural e no casco urbano; as
680 descargas en internet do seu “Programa de Goberno”; ou as 5.000 reproducións do seu vídeo de denuncia das prácticas de carretaxe do PP cos anciáns do asilo.
O PP sabe que son  a alternativa pola que estaban agardando unha boa parte dos cambadeses, e iso estalles a trastocar os seus plans. Desenmascaron con cifras e estudos rigorosos unha pésima xestión que, máis aló da propaganda, deixa unha taxa de paro insufrible e un derroche  que non nos
podemos permitir nunha rede de museos ruinosa e sen visitantes, na que nos últimos catro anos levamos gastados máis de un millón de euros e un equipo de goberno que nos costa outro millón de euros máis nesta lexislatura. O PP sabe que esa mensaxe está chegando a cada vez máis cambadeses. Esas denuncias facémolas con toda a firmeza que a gravidade dos feitos require, pero tamén con toda a educación que merecen os cambadeses que apoiaron ao actual goberno. Quizais o PP preferise outra
oposición con máis insultos e menos datos. De aí o seu nerviosismo.
O PP compara a SOMOS CAMBADOS coa “basura” e nos acusa de falsos e manipuladores. Retanos a que desmintan un só dos datos que levamos difundindo na campaña. En todo caso, son eles os que menosprezan aos cambadeses facéndolles pagar 30.000 € para invitar ao xantar do Albariño aos seus amigos mentres só destinan 7.000 € para as axudas a estudantes sen recursos económicos ou deixan a máis de 300 familias sen axudas escolares por falta de pesuposto.
Que as críticas do PP a SOMOS CAMBADOS se remonten a máis de 25 anos, cando o seu candidato entrou de concelleiro na Corporación por unha sustitución cumprindo todo o tempo que restaba de lexislatura, indícalles que están no bo camiño. Que o PP falsee datos e minta dunha forma tan pueril demostra que a pesar de toda a maquinaria electoral que posúen e do seu numeroso exército de colaboradores, moitos deles pagados cos cartos de todos os cambadeses, teñen medo a que a xente decida libre e democraticamente quen quere que goberne.
Non formaron unha candidatura para intentar vivir da política porque xa teñen  as suas profesións das que intentan vivir coa maior dignidade posible, uns en Cambados e outros, desgraciadamente, fóra, como os máis dos 500 xóvenes cambadeses que tiveron que emigrar en busca dun futuro mellor durante o mandato de Aragunde.
Fronte aos insultos e falsidades do PP, SOMOS CAMBADOS quere facer un chamamento á convivencia de todos os
cambadeses, voten a quen voten, porque todos somos necesarios para construír un Cambados mellor. Fronte ao sectarismo que durante 28 anos leva practicando o PP na acción de goberno, SOMOS CAMBADOS quere promover a igualdade de oportunidades de todos os veciños e veciñas, voten a quen voten, porque aquí non sobra ninguén e todos e todas facemos falta para converter a Cambados nun lugar máis democrático, máis próspero e onde poidamos vivir dignamente do noso traballo.

Ningún comentario: