14 de maio de 2015

FATIMA ABAL: “ O AUTO DE ADMISIÓN A TRÁMITE DA DENUNCIA DI TEXTUALMENTE QUE OS FEITOS DENUNCIADOS FAN PRESUMIR A EXISTENCIA DUN DELITO DE MALVERSACIÓN DE CAUDAIS PÚBLICOS”.

LUÍS ARAGUNDE NOVAMENTE DENUNCIADO POR FACER FALCATRUADAS.
Hoxe o periódico Faro de Vigo despértanos cunha nova denuncia de Fatima Abal contra Luís Aragunde por
prevaricación e malversación de caudais públicos, a cal foi admitida a trámite.  Os feitos remontase a setembro pasado
cando Deputación e Concello asfaltan a Rúa Atlántico con cartos públicos, cando segundo Fatima Abal e o periódico Faro de Vigo, cando había unha fianza depositada no concello no caso de que o promotor non levara a cabo o asfaltado da rúa, unha hipoteca de 180.000 euros sobre unha casa de Sobradelo que o concello non executou e
deixou caducar. As Unidades de xestión , como era o caso da Rúa Atlántico teñen a obriga aparte de construír e beneficiarse do construído e asfaltas as rúas próximas as construcións que fan. Segundo Fátima Abal no auto de admisión a trámite da denuncia dise textualmente que  que os feitos denunciados
fan presumir a existencia dun delito de malversación de caudais públicos. Tamén nos confirmou Fatima Abal que o xulgado dirixiuse tanto ao Concello coma a Deputación para solicitar documentación sobre a estrada en cuestión.
Dende aquí queremos resaltar a valentía  e a loita de Fatima Abal , que contra vento e marea está a loitar  contras as falcatruadas de Luís Aragunde que está a facer no Concello de Cambados.
FOTOS: FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: