PROPÓN A CELEBRACIÓN DUN DEBATE ENTRE OS
REPRESENTANTES DAS 5 CANDIDATURAS
SOMOS CAMBADOS propón a celebración dun debate no Salón de Peña ou no Auditorio coa participación dos candidatos das 5
opcións políticas que se presentan ás eleccións municipais do 24 M.
opcións políticas que se presentan ás eleccións municipais do 24 M.
Para SOMOS CAMBADOS os debates públicos son un elemento esencial para promover a participación política e constitúen a maneira máis útil e económica de acercar aos
veciños e veciñas de Cambados o proxecto que cada candidatura ten para a nosa vila.
veciños e veciñas de Cambados o proxecto que cada candidatura ten para a nosa vila.
O candidato á alcaldía, Tino Cordal, manifestou que “os cambadeses teñen dereito a acceder ás propostas de todas as opcións políticas para poder elixir libremente, e a mellor maneira é confrontar publicamente os nosos proxectos. Polo que respecta a SOMOS CAMBADOS, acudiremos ao debate independentemente do día, hora e lugar de celebración, e propoñeremos un turno de preguntas para que os veciños podan plantexar aos candidatos aquelas cuestións que consideren oportunas”.
Por outra banda, SC quere agradecer ao medio cento de veciños e veciñas de Castrelo que acudiron na tarde de onte a escoitar as nosas propostas, continuando os nosos actos da campaña electoral cun mitin no Centro de Cultural de Castrelo. Interviñeron o candidato á alcaldía, Tino Cordal, o número dous da candidatura, Xurxo Charlín, e os candidatos de SOMOS CAMBADOS, Teresa Bugallo e Antón Cordal.
No mitin, expuxéronse as principais propostas de SOMOS
CAMBADOS, incluídas no seu ¨Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados¨, cuxas prioridades son Axudar ás persoas que o precisan, Impulsar a creación de emprego e Fomentar a igualdade de oportunidades para todos os cambadeses e cambadesas.
CAMBADOS, incluídas no seu ¨Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados¨, cuxas prioridades son Axudar ás persoas que o precisan, Impulsar a creación de emprego e Fomentar a igualdade de oportunidades para todos os cambadeses e cambadesas.
As propostas de SOMOS CAMBADOS para defender os sectores primarios ocuparon boa parte do acto, xa que Castrelo é unha parroquia que conta con moitos traballadores do Mar e da Terra. Tamén se falou da necesidade de melloras concretas en Castrelo, en cuestións como a auga, o saneamento, o pavimento dalgunhas rúas ou a necesidades de habilitar beirarrúas e beiravías, a conservación do litoral, a mellora dos servizos que presta o Concello na parroquia, e na que os veciños demandan que os servizos que presta o concello no casco urbano sexan os mesmos que se prestan nas parroquias. Aproveitando a celebración do Mitin na parroquia de Castrelo, unha vez rematado o mesmo, o candidato á alcaldía, Tino Cordal, reuniuse con varios colectivos representativos da parroquia para trasladar as nosas propostas e poder escoitar de primeira man as demandas destes colectivos afincados na parroquia de Castrelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario