15 de maio de 2015

MAFIAS ELECTORALES PROMOVIDAS POLOS DE “SEMPRE” ACTÚAN EN CAMBADOS

SOMOS CAMBADOS DENUNCIA A DESTRUCCIÓN DA SÚA PUBLICIDADE ELECTORAL
 SOMOS CAMBADOS presentou no día de onte unha denuncia ante a Guardia Civil polo destrozo das súas bandeirolas de publicidade
electoral. Os feitos denunciados ocorreron na madrugada do pasado día 13 ao 14, cando uns descoñecidos arrincaron 12 bandeirolas de publicidade electoral de SOMOS CAMBADOS, valoradas en 300 €, no tramo da Avenida de Galicia, desde a rotonda do Concello ata o cruce do paseo marítimo.

Con data de 29 de abril de 2015 a Xunta Electoral de Zona
concedéralle a SOMOS CAMBADOS a autorización para colocar publicidade electoral en dito tramo.

Para SOMOS CAMBADOS este incidente supón un importante trastorno económico, xa que os seus ingresos proceden exclusivamente das aportacións dos seus simpatizantes. Son a única candidatura que fai públicas as súas contas e calquera persoa pode comprobar ata o último céntimo dos nosos ingresos e gastos.
Co obxecto de garantir a súa independencia, non permitimos doazóns de ningunha empresa, nin reciben ningún tipo de axuda económica ou material de Santiago ou de Madrid.

SOMOS CAMBADOS defende firmemente o dereito democrático de cada candidatura a expoñer libre e publicamente os seus proxectos e ideas, ao tempo que confía en que estes actos incívicos non se repitan.

Asimesmo, SOMOS CAMBADOS é partidaria de reducir o máximo posible a cartelería e a propaganda nas rúas e prazas da nosa vila, considerando que unha campaña
electoral debería basarse en confrontar ideas e proxectos publicamente. Por iso, a súa candidatura vén reclamando insistemente desde hai varias semanas a celebración de debates entre os candidatos das cinco formacións políticas que se presentan ás eleccións do 24 de maio, sen que ata o de agora ningunha delas aceptara esta proposta. SOMOS CAMBADOS lamenta que se lle furte aos cambadeses a posibilidade de coñecer de primeira man os distintos proxectos políticos. Nós seguimos agardando a resposta das outras candidaturas.

Estes incidentes non mermarán a sua ilusión e o seu entusiasmo por conseguir que, despois de 28 anos de
maioría absoluta do PP, chegue o cambio a Cambados.

No transcurso da campaña constatamos día a día a crecente marea de apoio ao noso proxecto de cambio. 

SOMOS CAMBADOS continuará explicando o seu Programa de Goberno aos veciños e veciñas de Cambados. Así, queren convidar a toda a cidadanía a escoitar as súas propostas para mellorar Cambados, acudindo ao mitin central que  celebraran o sábado a partir das 21.30 horas no Salón de Peña.

Ningún comentario: