15 de maio de 2015

O “CULMEN” DA MÚSICA TRADICIONAL DE GALICIA EN VILAGARCIA

TREIXADURA PRESENTA “VENDIMA TARDA” O DOMINGO AS 20.30 HORAS NO AUDITORIO.
Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística co novo traballo discográfico en directo "VENDIMA TARDA", que resume a súa extensa carreira e aporta algunhas novidades dentro do seu repertorio.
A gravación deste traballo tivo lugar no transcurso de dous
concertos especiais, con convidados e amigos, que se celebraron no Teatro do Centro Cultural Afundación de Vigo (García Barbón) os días 3 e 4 de outubro de 2014. Está editado en CD e
DVD, para que o público poda sentir tanto auditiva como visualmente a emoción que transmite a nosa música.
Un espectáculo de luz e son donde o público será quen de sentir o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
Treixadura sempre comparte as súas emocións co público, que o fai partícipe e protagonista do seu espectáculo, resultanto ao final do concerto un gran coro fomado por público e artistas;
intercambiando as súas emocións e disfrutando da forza da nosa música. 25 anos compartindo co público estas sensacións.
O pouso que a música de Treixadura foi deitando ao longo destes 25 anos no sentir do pobo, fixo que hoxe sexa degustada polo numeroso público que asiste aos concertos, froito das máis de 13.000 copias vendidas de Unha semaniña enteira (2006) e 7.000 de Esa si que é muiñada (2011). 
VENDIMA TARDA, xa foi presentado en Vigo e Santiago, os días 19 e 20 de decembro de 2014, respectivamente;  en Ferrol, o 31 de xaneiro; en Pontevedra e A Coruña, os días 11 e 18 de abril, respectivamente; e o 14 de maio en Ourense.
Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical
sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. 

Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas de música populares, que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música son e serán a inspiración da música de Treixadura.
25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común. 
Treixadura foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega. En 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega.
Día: 17 de maio de 2015
Hora: 20:30 h.
Lugar: Vilagarcía de Arousa - Auditorio Municipal


Ningún comentario: