20 de maio de 2015

O PARTIDO POPULAR DE CAMBADOS EN PLENO NO XANTAR HOMENAXE A FELIPE SUAREZ, INCLUÍDO LUIS ARAGUNDE.

O LOCUTOR ESTÁ DE ACTUALIDADE NA VILA POLAS POLEMICAS PALABRAS QUE LLE ADICOU LINO GONZALEZ, CONTESTADAS POLA SUA IRMÁ MARGARITA.
Recentemente o popular periodista vilagarcián Felipe Suarez foi homenaxeado por  distintas persoas e colectivos  de
comarca de Arousa e entre eles tivo o Partido Popular de Cambados, practicamente en pleno capitaneados polo delegado da Xunta José Manuel Cores Touris, o Alcalde Luis Aragunde, o Presidente da Cámara de Comercio
Miguel Falcón e o ex patrón maior de Cambados Benito González. A homenaxe ao locutor vilagarcián tivo lugar no Hotel Senna de Caldas de Reis.
Felipe Suárez é actualidade na nosa vila o ser diana dos comentarios do ex adestrador do Arousa Lino
González no programa  de Deportes de Arousa Si Radio e do que se fixo eco este blog, así como da contestación a Lino da irmá de Felipe,  Margarita Teijeiro.
O locutor Felipe Suarez foi criticado nalgúns medios cambadeses polos sua "Cambadofovia" que segundo estes mesmos medios facia gala publicamente. Outros din todo o contrario.
FOTOS: FACEBOOK.


Ningún comentario: